Pacto de Biak-na-Bató

O Pacto de Biak-na-Bató foi un acordo entre as faccións rebeldes filipinas e as tropas españolas durante a revolución levada a cabo pola sociedade secreta Katipunan, fundada por Andrés Bonifacio contra o goberno colonial que puxo fin á primeira parte da súa insurrección.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Fusilamento de José Rizal.

Tras séculos de dominación española, en agosto de 1896, o Katipunan inicia a revolución contra o goberno español, co fin de obter a independencia. A finais de mes, levántanse varias poboacións da Provincia de Cavite, declarando a independencia de Filipinas. Unha das ordes de alistamento asinadas por Emilio Aguinaldo, caeu en mans do Gobernador Político-Militar da provincia, Fernando Parga, ordenando este ao Capitán Xeneral, Ramón Blanco y Erenas, que sufocase a insurrección.[1]

Campamento de Aguinaldo no barrio de San Miguel de Mayumo, Bulacán, Biak-na-Bató.

O 30 de decembro dese ano, José Rizal acusado como responsable da revolución, por ser o presidente honorario do Katipunan, é fusilado, feito que lonxe de tranquilizar aos insurxentes, reafírmaos nos seus propósitos.

En abril de 1897, Camilo Polavieja é relevado por Fernando Primo de Rivera, xeneral que intensifica as accións contra os rebeldes, obrigándoos a refuxiarse nas montañas. En xuño, Emilio Aguinaldo, instala o seu cuartel xeral na serra de Biak-na-Bató e a finais de ano, o incremento no recrutamento en España e as divisións entre os partidarios de Andrés Bonifacio e os partidarios de Aguinaldo, permiten ás tropas gobernamentais recuperar varias prazas en Cavite.

Condicións do pacto

[editar | editar a fonte]
Pedro Paterno.

Durante meses, o avogado Pedro Alejandro Paterno, que actúa como intermediario entre as distintas partes, viaxa entre Manila e Biak-na-Bató, co fin de elaborar un acordo que queda finalmente por el mesmo e por Fernando Primo de Rivera, o 14 de decembro de 1897 nos seguintes termos:

  • Aguinaldo e os líderes que decidisen seguilo, establecerían a súa residencia en Hong Kong e recibirían 800.000 pesos, como indemnización. Un primeiro prazo de 400.000 pesos, debía ser abonado ao entregarse as armas de Biak-na-Bató. Os 200.000 seguintes, cando as armas entregadas chegasen a 800 e o resto, cando a cifra alcanzase as 1.000, tras cantarse o Te Deum, na catedral de Manila, en acción de grazas.
  • Todo o diñeiro debería ser entregado a Aguinaldo, que, xunto aos seus compañeiros quedaría en completa liberdade.
  • Primo de Rivera debería enviar dous homes a Biak-na-Bató como prisioneiros, que serían liberados ao chegar Aguinaldo a Hong Kong e abonarse o primeiro pago.
  • Debía establecerse a autonomía no réxime político e administrativo, suprimíndose as Corporacións relixiosas. Primo de Rivera, comprometeuse a cumprir este punto pero non se puxo por escrito, por considerarse humillante para o goberno español.

Do pactado, Primo de Rivera só cumpriu co primeiro pago, enviando unha carta a Aguinaldo, por medio do seu sobriño, Miguel Primo de Rivera, na que lle informaba de que non podería volver a Filipinas.[2]

Trala firma

[editar | editar a fonte]
Emilio Aguinaldo, en Hong Kong, cos seus homes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]