Paenibacillus polymyxa
|
|
Clasificación científica
|
|
Nome binomial
|
'Paenibacillus polymyxa'
|
Sinonimia
|
Bacillus polymyxa (Prazmowski 1880) Macé 1889 Clostridium polymyxa Prazmowski 1880 Granulobacter polymyxa (Prazmowski 1880) Beijerinck 1893 Aerobacillus polymyxa (Prazmowski 1880) Donker 1926 Pseudomonas azotogensis Voets and Debacker
|
Paenibacillus polymyxa (tamén coñecido como Bacillus polymyxa) é unha especie de bacterias grampositivas con capacidade de fixación do nitróxeno. Atópase no solo, raíces de plantas e sedimentos mariños.[1] Algunhas cepas desta especie foron illadas dos intestinos do bacallau na Universidade de Tromsø en 2009. A bacteria estivo incluída no xénero Bacillus ata que se propuxo a súa reclasificación no novo xénero Paenibacillus en 1993.[2]
P. polymyxa pode cultivarse no laboratorio no medio TSAg.
P. polymyxa utilízase como inoculante do solo en agricultura e horticultura. As biopelículas de P. polymyxa crecen nas raíces das plantas, onde producen exopolisacáridos que protexen as plantas dos patóxenos. As interaccións entre estas especies bacterianas e as raíces das plantas tamén causan que os pelos radicais sufran cambios físicos.[3]
Algunhas cepas de P. polymyxa producen o antibiótico polimixina, que son complexos surfactantes.[4] Os complexos surfactantes illados de P. polymyxa son efectivos para alterar as biopelículas formadas por Bacillus subtilis, Micrococcus luteus, Pseudomonas aeruginosa, Staphylococcus aureus e Streptococcus bovis.[5]
- ↑ Lal, Sadhana; Tabacchioni, Silvia (21 April 2009). "Ecology and biotechnological potential of Paenibacillus polymyxa: a minireview". Indian Journal of Microbiology 49 (1): 2–10. doi:10.1007/s12088-009-0008-y.
- ↑ Ash C, Priest FG, Collins MD: Molecular identification of rRNA group 3 bacilli (Ash, Farrow, Wallbanks and Collins) using a PCR probe test. Proposal for the creation of a new genus Paenibacillus. Antonie Van Leeuwenhoek 1993, 64:253-260.
- ↑ Yegorenkova, Irina V.; Tregubova, Kristina V.; Ignatov, Vladimir V. (12 January 2013). "Paenibacillus polymyxa Rhizobacteria and Their Synthesized Exoglycans in Interaction with Wheat Roots: Colonization and Root Hair Deformation". Current Microbiology 66 (5): 481–486. doi:10.1007/s00284-012-0297-y.
- ↑ Shaheen, M; Li, J; Ross, AC; Vederas, JC; Jensen, SE (Dec 23, 2011). "Paenibacillus polymyxa PKB1 produces variants of polymyxin B-type antibiotics.". Chemistry & biology 18 (12): 1640–8. PMID 22195566.
- ↑ Quinn, GA; Maloy, AP; McClean, S; Carney, B; Slater, JW (2012). "Lipopeptide biosurfactants from Paenibacillus polymyxa inhibit single and mixed species biofilms.". Biofouling 28 (10): 1151–66. PMID 23113815.