Paleodictiopteroideos Palaeodictyopteroidea Rango fósil: Carbonífero - Pérmico | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Dunbaria fasciipennis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
A dos paleodictiopteroideos (Palaeodictyopteroidea ou Paleodictyopterida) é unha superorde extinta de insectos do paleozoico.
Algúns autores chámana dictioneurideos (Dictyoneuridea).[1]
Caracterizábanse polas súas mandíbulas en forma de bico, con pezas bucais únicas compostas por 5 estiletes. Representan os primeiros herbívoros terrestres importantes e o primeiro grupo importante de insectos herbívoros. Apareceron durante o Carbonífero Medio e continuaron até o Pérmico Tardío.
Este grupo, grande e diverso, inclúe o 50 % de todos os insectos paleozoicos coñecidos. As ninfas dos paleodictiopteroideos posuían almofadas móbiles, e parece que estes insectos eran capaces de realizaren voos sinxelos.