Paleodictiópteros Palaeodictyoptera Rango fósil: Carbonífero – Pérmico 318 - 251 Ma | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración das especies Stenodictya lobata, Gerarus longicollis, Dieconeura arcuata e Eubleptus danielsi | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
A dos paleodictiópteros (Palaeodictyoptera) é unha orde extinta de insectos primitivos paleópteros do Paleozoico.
De tamaño de mediano a moi grande, estaban caracterizados polas súas mandíbulas en forma de bico, as ás anteriores e posteriores similares, e un par adicional de aletas (lóbulos paranotais) no protórax, diante do primeiro par de ás. A venación das ás era frecuentemente moi marcada, e incluso poden observarse os seus padróns de coloración. Algunhas especies alcanzaron grandes tamaños, como é o caso de Mazothairos, cunha envergadura de 55 cm.[1]
Palaeodictyoptera non é un clado, senón unha agrupación parafilética basal dos paleodictiopteroideos, que deron orixe a outras ordes de insectos.
Viviron entre o Carbonífero Medio (Silúrico Tardío) e o Pérmico Tardío.