Euterpe edulis | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Palmiteiro no Parque Nacional do Iguazú | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Euterpe edulis Mart. |
O palmiteiro[Cómpre referencia] (Euterpe edulis), chamado tamén palmito[Cómpre referencia] ou izara[Cómpre referencia] (do portugués do Brasil içara, juçara ou jiçara, nomes derivados do seu nome en tupí: yu'sara[1]), é unha especie pertencente á familia das palmeiras (Arecaceae), nativa de Bolivia, o Brasil (Mata Atlántica), Paraguai, o Perú e a Arxentina (en Misiones exclusivamente) que vexeta soamente en solos arxilosos e húmidos e protexida da luz solar. É unha das palmeiras das que se tira o palmito. É unha especie en perigo de extinción pola talla masiva para extraer este alimento.
Palmeira de tronco magro e alto (entre 15 a 20 m de altura), as follas son moi numerosas, de forma lineal-lanceolada, flexíbeis e pénsiles, dispóñense de forma alterna e son pinnadas. Desde o final do toro até o nacemento das follas ten unha zona máis grosa de cor verde, semellante a unha vaíña, que forma a base das follas. O froito é unha drupa en forma de globo (1–2 cm de diámetro) de cor negra que contén unha única semente de 1 a 1,5 cm.
Presentaba elevado potencial de manexo debido á súaa ampla distribución xeográfica, alta densidade de individuos na área de distribución, posicionamento no estrato medio da foresta e forte interacción coa fauna. No entanto, a explotación descontrolada levou a especie ao perigo de extinción.
Caracterízase por producir palmito de excelente calidade, con valor económico elevado e amplamente consumido na alimentación humana, no entanto é monocaule e o corte implica a súa morte. Coa morte da palmeira disponse de múltiples produtos: fibras para fabricación de vasoiras, trabes, pontóns e ripas para construcións civís, follas para coberturas temporarais e forraxe. Recentemente, o procesamento do seu froito, o uso en proxectos de paisaxismo e o recoñecemento das propiedades terapéuticas das súas raíces están sendo difundidos, sendo fundamental, entre tanto, que se teña un manexo axeitado para a especie.
Actualmente, unha alternativa altamente viábel e en crecente estudo e práctica é o procesamento da polpa dos froitos do palmiteiro, obtendo unha composición de bebida coñecida como açaí de juçara (zume de palmiteiro), moi semellante en termos de textura, cor, sabor e composición nutricional (agás algúns compostos) ao zume de froitos arroxados (açaí) da especie de palmeira Euterpe oleraceae, nativa da Rexión Amazónica. Os froitos maduros, de cor arroxada escura, cando son collidos, seleccionados, hixienizados e postos en auga morna, son procesados artesanalmente en peneiras ou batidos en máquinas despolpadeiras adecuada (manivela/motor 0,5cv).
O manexo de Euterpe edulis a través da utilización dos seus froitos en lugar da explotación do palmito mantén as árbores vivas e difundindo sementes e mudas da especie por varios anos, cumprindo o seu papel na foresta e mantendo este recurso xenético e natural tan valioso. No corte ilegal de palmito, plantas adultas e novas córtanse sen coidado e se venden por valores irrisorios en relación aos custos ambientais que esta acción xera. A utilización dos froitos pode, alén dunha óptima forma de manter e dispersar a especie, tornarse coma unha óptima rede de empregos, cooperativas, renda e calidade de vida para produtores rurais.
Euterpe edulis foi descrita por Carl Friedrich Philipp von Martius e publicada en Historia Naturalis Palmarum 2(2): 33–34, t. 32, no ano 1824. (before 13 Apr 1824)[2]
O xénero leva o nome da musa Euterpe da mitoloxía grega.[3]
edulis: epíteto latino que significa "comestíbel".[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palmiteiro |