Palmito

Palmito de pupuña (Bactris gasipaes) en conserva
ABr — Valter Campanato.

O palmito[1] ou corazón de palmeira[2] é un alimento obtido da rexión próxima ao meristema apical, do interior do pecíolos das follas de determinadas especies de palmeiras (ou popularmente, o "miolo" da palmeira). Trátase dun cilindro branco que contén os primordios foliares e vasculares, aínda mol e pouco fibrosos. Os palmitos consérvanse en salmoira e consómense fríos acompañando ensaladas ou cocidos en diversas receitas.

A extracción do palmito implica a morte da palmeira, unha vez que o seu meristema apical é eliminado. Por iso, mesmo co seu cultivo, a extracción de palmito na natureza puxo en risco as especies das cales se obtén, sobre todo a especie chamada izara ou palmiteiro (Euterpe edulis), a máis procurada. Os palmitos de pupuña (Bactris gasipaes) e azaí (Euterpe oleracea) son alternativas para diminuír a ameaza de extinción do palmiteiro.

Produtores

[editar | editar a fonte]

Historicamente o principal produtor e exportador de palmito foi o Brasil. A partir dos anos noventa, Ecuador acadou o liderado das exportacións. En 2013 exportou máis de 31 mil toneladas de palmitos en conserva, Deles, o 100% provenientes de plantacións sustentábeis, sen intervir negativamente nos sistemas medioambientais; a Arxentina, Bolivia[3] e o Paraguai producen tamén cantidades importantes. Costa Rica vén sendo o segundo produtor neste momento, con máis de 8mil toneladas en 2013. Hawai está a producir este produto, mais é algo novo, así que a súa exportación non é tan abundante. Francia é o principal importador, mentres que Chile é o país con maior consumo per cápita[4].

O consumo de palmitos "bravos", provenientes do Brasil, foi frecuentemente obxecto de protestas por parte de grupos ecoloxistas, posto que na inmensa maioría dos casos as plantas colleitadas proceden da selva virxe, e non se desenvolve ningunha clase de práctica agrícola sistematizada para a súa reforestación. En especial a especie E. edulis (a izara), nativa do Misiones, non puido ser plantada con éxito, e o corte excesivo levouna ao bordo da extinción. A regulación da actividade levou á talla ilegal de palmeiras para produción furtiva. Esta especie áchase protexida no Parque Nacional do Iguazú, Parque Provincial Urugua-í e o Parque Provincial Foester. Aínda existen palmitos bravos no Municipio de Comandante Andresito, sobre todo na zona coñecida como Península.

No Ecuador e Costa Rica estase a producir pupuña, unha palma chamada cientificamente como Bactris gasipaes, coñecida no Ecuador coma chontaduro e en Costa Rica como pejibaye. Estas palmas producen varios talos, e, por conseguinte, pode extraerse delas maior cantidade de palmito.

  1. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  2. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 87. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  3. http://www.bolivia.com/noticias/AutoNoticias/DetalleNoticia27551.asp
  4. http://www.cbi.eu/system/files/marketintel_documents/2013_pfs_canned_palm_hearts_in_france_-_pfv.pdf[Ligazón morta]

Parera, A. (2002). "Palmito de la selva". Vida silvestre.   (82).