Pandebono

Pandebono

O pandebono ou pan de bono é un pan característico da rexión de Valle del Cauca e que tamén se prepara en todo Colombia. É elaborado con fariña de millo, amidón de mandioca fermentado, queixo e ovo, que se amasa. Fórmase en pequenas porcións usualmente achatadas e posteriormente fornéanse. Emprégase para acompañar os almorzos e as merendas nas tardes.

Preparación

[editar | editar a fonte]

Para obter o amidón de mandioca agre, ingrediente chave que lle dá o sabor característico ó amasillo, rélase primeiro a mandioca, lávase o relado para obter unha especie de leite, da cal se sedimenta o amidón e posteriormente déixase fermentar por uns días. Este proceso pódese observar en fábricas rurais especializadas en Santander de Quilichao, poboación no departamento do Cauca ó sur de Cali.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]