Pandemia por coronavirus de 2020 en Angola

A pandemia por coronavirus de 2020 en Angola é unha expansión do gromo de COVID-19 que se iniciou en Wuhan, China, en 2019.

Os dous primeiros casos en Angola confirmáronse o 21 de marzo de 2020. A data do 30 de maio confirmáronse 84 contaxios e catro mortes.[1]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]

O 20 de marzo de 2020 pecháronse todas as fronteiras angolanas por un período de 15 días.[2] O 21 de marzo, o Ministerio de Sanidade confirmou os dous primeiros casos positivos de COVID-19.[3] Ambos acababan de viaxar dende Portugal.[4] O 24 de marzo suspendéronse todas as clases no país.[4] O 29 de marzo informouse das dúas primeiras mortes por coronavirus no país.[5] O 30 de marzo confirmouse a primeira recuperación dun paciente.[6]

O 10 de abril chegaron a Luanda 264 médicos cubanos para axudar na crise do coronavirus, tras unha petición do goberno angolano ante a falta de persoal médico.[7]

  1. "Coronavirus Update (Live) for COVID-19 Wuhan China Virus Outbreak – Worldometer". www.worldometers.info (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2020. 
  2. "Angola closes borders for 15 days". The Namibian (en castelán). 19 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  3. "Covid-19. Angola anuncia primeiros dois casos positivos" (en portugués). 21 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Sonangol official one of two Covid-19 cases in Angola" (en inglés). 23 de marzo de 2020. Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  5. "Covid-19 faz as primeiras duas vitimas em Angola" (en portugués). 29 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  6. "Angola regista primeiro caso recuperado de COVID 19" (en portugués). 30 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  7. "Llegan 264 médicos cubanos a Angola para ayudar en la respuesta a la COVID-19". La Vanguardia (en castelán). 10 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020.