Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Filipinas | ||||
Rexión | Visayas Centrais (pt) | ||||
Provincia | Bohol | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.839 (2020) (833,63 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 8.694 (2020) | ||||
Lingua usada | Boholano dialect (en) Lingua cebuana lingua tagala | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 47,79 km² | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1803 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6340 | ||||
Prefixo telefónico | 38 | ||||
Sitio web | panglaolgu.gov.ph |
Panglao, oficialmente Municipality of Panglao (en inglés), Munisipalidad sa Panglao (en cebuano), Bayan ng Panglao (en tagalo), é unha municipalidade de 4ª clase da provincia de Bohol, en Filipinas.
O nome Panglao pode provir do nome que tiña antes da chegada dos españois, Panglawod, que significa "ao mar aberto",[1] ou talvez derive da palabra panggaw, en referencia a unha arte de pesca utilizada polos lugareños.
É un dos dous municipios en que se divide a illa de Panglao (o outro é Dauis), e é coñecido polas súas praias para practicar mergullos e os seus hoteis turísticos.[2]
O municipio ocupa a parte suroeste da illa homónima de Panglao, e o seu territorio tamén inclúe tres illas máis pequenas: Balicasag,[3] Gak‑ang e Pontod (tamén chamada Pungtud, e coñecida como Virgin Island).[1]
Na illa de Panglao non hai ríos, nin regatos nin lagos, polo que para consegir auga potábe, o municipio depende de pozos e do mananxial subterráneo de Canhilbas.[1]
A cidade, situada a unha altitude media de 2,0 msnm (máxima 187 m; mínima 0 m), ocupa unha superficie de 47,79 km².[4] Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 39 839 habitantes,[5] polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 83 hab./km².
No municipio de Panglao encóntrase o Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao, que funciona como o aeroporto principal de Bohol, e substitúe ao aeroporto de Tagbilaran desde novembro de 2018.
Panglao divídese administrativamente en 10 barangays ou barrios:
Moito antes da colonización española, a zona xa fora visitada por comerciantes chineses e doutros países asiáticos, como demostran os achados arqueolóxicos de porcelana e de artigos comerciais das dinastías Tang, Song e Ming.[1]
Panglao floreceu durante o goberno do reino de Dapitán, pero as incursiónes dos moluqueños e a conquista de Ternate deron lugar a períodos de despoboación, cando os habitantes da zona fuxiron principalmente a Panay e Mindanao.[1]
Durante o dominio español estableceuse unha misión dos xesuítas que, en 1782 transformose unha parroquia, coñecida como a de Santo Agostiño de Panglawod. En 1803 a cidade foi establecida oficialmente como municipio. A "torre de vigilancia de Panglao" construíuse en 1851. Esta torre, octogonal e de cinco andares é a máis alta das do seu tipo en Filipinas, pero hoxe en día está abandonada.[6]
A cidade de Panglao celebra a súa fiesta nos días 27 e 28 de agosto, en honor do seu padrón Santo Agstiño.[7]
Panglao ten varias institucións educativas, entre elas a Academia San Agustín (Panglao), a Escola Secundaria Nacional Lourdes, o Cristal e-College e escolas primarias en cada barangay,[8] incluída a Escola Primaria Central de Panglao.
A principal atracción turística de Panglao son as súas praias de area branca, das cales a praia de Alona (Alona beach) é a máis famosa. Esta praia de Alona ten aproximadamente 1 500 m de longo, e está bordeada de palmeiras, centros turísticos e tendas.[9] Porén, recibiu críticas polo seu desenvolvemenrto desenfreado, esquecendo as políticas de desenvolvemento municipal, advertindo contra o amoreamento e que Alona perda á súa imaxe de paraíso. Polo tanto, os gobernos municipal, provincial e nacional desenvoveron un plan para construír un novo aeroporto internacional na illa de Panglao, cunha vía de acceso directa á praia de Alona. Este plan estivo operativo en novembro de 2018. Outras praias son as de Bagobo, Bolod, Danao, Doljo e Momo.
Panglao é famosa polos lugaes de megullo, como Doljo Beach, Garden Eels, Arco Point, Kalipayan, Napaling e Puntod. A parte sur da illa está rodeada de arrecifes relativamente estreitos e pouco profundos (de 5 a 6 m) con acantilados submarinos que se afunden a profundidades de 33 a 56 m.[10] Pódense organizar facilmente excursións a outros sitios de mergullo, incluídas as illlas Balicasag e Pamilacan.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panglao, Bohol |