Panulirus cygnus Lagosta australiana | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Espécime xuvenil de Panulirus cygnus | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Panulirus cygnus (George, 1962) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Panulirus cygnus é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados, infraorde dos aquelados e familia dos palinúridos, unha das integrantes do xénero Panulirus,[2][3] coñecida na bibliografía internacional como lagosta australiana (aínda que nas costas do sur de Australia vive outra especie de lagosta).
A especie foi descrita en 1962 polo zoólogo australiano, especializado en carcinoloxía, Ray W. George,[2] no seu traballo "Description of Panulirus cygnus sp. nov., the commercial crayfish (or spiny lobster) of Western Australia". Journal Royal Society Western Australia, 45-4 p.: 100–110. (Ver o artigo completo).
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie foi coñecida polo sinónimo:[2]
A especie unicamente encóntrase na parte oriental da rexión Indo-Pacífica, estando restrinxida a súa presenza principalmente á toda a costa oeste de Australia, entre o cabo Noroeste e a baía de Hamelin, ao sur (aínda que tamén pode atoparse nalgunhas illas de mar aberto).[1][4]
As larvas de Panulirus cygnus viven nadando libremente no océano durante o primeiro ano da súa vida. Cando eclosionan dos ovos poden encontrarse atá os 1 500 km da costa. A medida que crecen, regresan á costa para vivir durante aproximadamente cinco anos nos arrecifes coralinos en augas duns 40 m de profundidade, ou menos. Despois deste período, migran cara a arrecifes máis profundos e afastados da costa. Durante esta nova etapa da súa vida, esta langosta encóntrase en profundidades de entre os 0 e os 90 m, e rara vez até os 120 m. Cando adultos, son de hábitos nocturnos, polo que durante o día refúxianse en fendas dos corais e das rochas, para ocultárense dos seus depredadores.[4]
As características físicas básicas desta langosta son: corpo cilíndrico, un par de ollos compostos, pedunculados e móbles, dous pares de antenas (as do primeiro par, pequenas, unirrámeas —anténulas—, e as do segundo birrámeas, unha de pequeno tamaño, e as do outro moi longas, máis que o tamaño do corpo), seis pares de apéndices pequenos ao redor da boca (maxilípedos) e cinco pares de patas torácicas (pereiópodos) para camiñaren.[5]
Panulirus cygnus ten unha masa duns 5 kg, e a máis grande citada alcanzou os 5,5 kg. A lonxitude media da súa casca é de 8 a 10 cm, pero o seu corpo acada de 9 a 11 cm de lonxitude nas femias ovíxeras (as que levan óvulos) e nos machos con espermatóforos.[4]
A especie vive nas costas do oeste de Australia e é o produto pesqueiro máis importante do país, xa que representa o 20 % do valor da pesca industrial australiana, acadando un importe de 248 millóns de dólares australianos no períoso 2003-2004. A súa produción anual oscila entre as 8 000 e as 15 000 toneladas segundo os anos.[6]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), temd en conta que Panulirus cygnus se colleita en toda a súa área de distribución, ao longo da costa de Australia Occidental, e que os datos de captura por unidade de esforzo indican estabilidade no seu stock, xa que a pescaría está ben xestionada e introducíronse restricións apropiadas candose rexistrou unha diminución continua das súas capturas,e que hai importantes investigacións que garante que a súa pesqaría siga a ser sustentábel, cualifica o statua da especie co o LC (pouco preocupante).[1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panulirus cygnus |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Panulirus cygnus |