Paquita Salas | |
---|---|
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Javier Calvo Javier Ambrossi |
Dirixido por | Javier Calvo Javier Ambrossi |
Intérpretes | Brays Efe Belén Cuesta Lidia San José Álex de Lucas Mariona Terés Yolanda Ramos Anna Castillo Belinda Washington Terelu Campos |
Tema de apertura | ¡Ay Paquita! |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 3 |
Episodios | 16 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Roberto López Lafuente |
Duración | 30 minutos (aprox.) |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Flooxer (tempada 1) Netflix (tempadas 2 e 3) |
Primeiro episodio | 6 de xullo de 2016 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Paquita Salas é unha serie española dirixida e guionizada por Javier Calvo e Javier Ambrossi. Está protagonizada por Brays Efe que interpreta a Paquita Salas. Trátase dunha serie cómica que se estreou a través da plataforma Flooxer (Atresmedia). Debido á boa aceptación que tivo a súa preestrea, a serie tamén se emitiu na canle Neox.[1][2] Dende outubro de 2017, Netflix posúe os dereitos exclusivos da serie, desaparecendo de Flooxer.[3][4]
A segunda tempada estreouse en Netflix o 29 de xuño de 2018,[5] e a terceira estreouse o 28 de xuño de 2019.[6] Non se descartou unha cuarta tempada, pero "haberá que agardar".[7]
Paquita Salas era a mellor representante dos anos 90 e, aínda que agora todo cambiou, ela non. Cando Macarena García, a súa actriz máis coñecida, a abandona inesperadamente, o mundo de Paquita esborrállase. Xunto con Magüi (Belén Cuesta), a súa inseparábel asistenta, e Álex, un repartidor que acabará converténdose en parte da familia, Paquita lánzase desesperada ao descubrimento dun novo talento. Unha busca que a levará a atopar o seu oco na profesión e no mundo.
Tempadas | Episodios | Emisión orixinal | Plataforma | ||
---|---|---|---|---|---|
Estrea | Final | ||||
1 | 5 | 6 de xullo de 2016 | 25 de outubro de 2016 | Flooxer | |
2 | 5 | 29 de xuño de 2018 | Netflix | ||
3 | 6 | 28 de xuño de 2019 |
Actor/actriz | Personaxe | Tempadas | ||
---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||
Brays Efe | Paquita Salas | Principal | ||
Belén Cuesta | Magüi Moreno | Principal | ||
Lidia San José | Lidia San José | Principal | ||
Álex de Lucas | Álex de Lucas | Principal | Recorrente | |
Mariona Terés | Mariona Terés | Principal | ||
Yolanda Ramos | Noemí Argüelles | Invitada | Principal | |
Anna Castillo | Belén de Lucas | Invitada | Principal | |
Belinda Washington | Belinda Washington | Invitada | Principal | |
Terelu Campos | Bárbara Valiente | Invitada | Principal |
Ano | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
2017 | Mellor serie de comedia | Paquita Salas | Gañadora |
Mellor actor protagonista dunha serie | Brays Efe | Gañador | |
Mellor actriz secundaria dunha serie | Belén Cuesta | Gañadora | |
2019 | Mellor serie de comedia | Paquita Salas | Candidata |
Mellor actor protagonista dunha serie | Brays Efe | Candidato | |
Mellor actriz secundaria dunha serie | Belén Cuesta | Candidata | |
Lidia San José | Candidata | ||
2020 | Mellor serie de comedia | Paquita Salas | Candidata |
Mellor actor protagonista dunha serie | Brays Efe | Candidato | |
Mellor actriz secundaria dunha serie | Belén Cuesta | Candidata | |
Yolanda Ramos | Gañadora |