Paradoxo de Grelling-Nelson

O paradoxo de Grelling-Nelson é un paradoxo verbal formulado en 1908 por Kurt Grelling e Leonard Nelson.[1] É unha reformulación do paradoxo do barbeiro e do paradoxo de Russell.

O paradoxo utiliza as palabras inventadas "autolóxico" e "heterolóxico". Unha palabra é autolóxica se se describe a si mesma. Por exemplo "real" é autolóxica, xa que a palabra "real" é real. "Sofisticado" tamén é autolóxica.

As palabras que non son autolóxicas denomínanse heterolóxicas. "Longo" é unha palabra heterolóxica, do mesmo xeito que "monosilábico". A pregunta, que aparece inmediatamente, é: ¿É "heterolóxico" heterolóxica? Non hai unha resposta consistente: se o é, entón non o é, e se non o é, entón éo.

Notas

  1. Ramsey, F. P. (1926). "The Foundations of Mathematics". Proceedings of the London Mathematical Society (en inglés). s2-25 (1): 338–384. doi:10.1112/plms/s2-25.1.338. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.