Paraserianthes lophantha | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Paraserianthes lophantha é unha especie de arboriña leguminosa na familia das Fabaceae. Coñécese comunmente cos nomes de albicia amarela ou albizia amarela[1]. É orixinaria de América do Sur.
Arboriña que na súa etapa adulta pode chegar a medir entre 4 a 7 metros. As follas son compostas, semellantes á das acacias, son perennes, con todo poden caer se vai moito frío. A súa floración prodúcese no inverno, sendo as flores coma pompóns de cor amarela e en forma de tubo. As sementes botan un fedor especial ao se abriren.
É moi resistente e rústica e pode medrar en calquera solo, incluso pobres, mais sempre con boa drenaxe e abeirados do vento. É por iso que se emprega coma ornamental, sen precisar coidados especiais para o seu cultivo.
Especie moi parecida á árbore da seda (Albizia julibrissin), diferenciándose desta pola tonalidade das flores, xa que nesta última son de cor vermella e amarela.
Paraserianthes lophantha foi descrita por (Willd.) I.C.Nielsen e publicado en Bulletin du Muséum National d'Histoire Naturelle, Section B, Adansonia. Botanique Phytochimie 5(3): 326. 1983[1984].[2]
Albizia: nome xenérico dedicado a Filippo Degli Albizzi, naturalista italiano do século XVIII que foi o primeiro en introducila en Europa contra os anos 1740 dende Constantinopla.
lophantha: epíteto latino que significa "flor con crista".[3]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paraserianthes lophantha ![]() |