A paromomicina é un antibiótico do grupo dos aminoglicósidos, que foi illado por primeira vez na década de 1950 da bacteria Streptomyces krestomuceticus.[1] Utilízase en forma de paromomicina sulfato e tamén se chama monomicina e aminosidina e coñécese co nome comercial Humatin.[2]
É un antibiótico indicado en medicina e veterinaria principalmente para combater as infeccións intestinais protozoarias criptosporidiose,[3]amebíase,[4][5] e leishmaníase.[6] En veterinaria tamén se pode utilizar para tratar a tuberculose causada por microorganismos resistentes aos fármacos de primeira liña.
Adminístrase por inxección intramuscular ou en cápsulas.
Demostrouse a efectividade da paromomicina contra a leishmaníase cutánea en estudos clínicos realizados na antiga URSS na década de 1960, e en estudos sobre leishmaníase visceral a principios dos anos 1990.[2]
O seu uso terapéutico como tratamento contra a leishmaníase visceral foi desenvolvida polo Institute for OneWorld Health. Á paronomicina déuselle o status de medicamento orfo en 2005, o que quere dicir que a súa fabricación non é rendible por tratar doenzas que afectan a un número pequeno de persoas e que pode recibir subvencións estatais para o seu desenvolvemento[9]. Foi aprobada polo Drug Controller General of India en setembro de 2006 para o tratamento da leishmaníase visceral.[10]
Desde febreiro de 2008 a compañía que a fabricaba nos Estados Unidos, King Pharmaceuticals, cesou a súa produción de Humatin (nome comercial da paromomicina), pero continúan fabricándoa outras compañías.[11] En Europa pode conseguirse en farmacia con receita médica [12].
↑Davidson R.N., den Boer M., Ritmeijer K. (2008). "Paromomycin". Transactions of the Royal Society of Tropical Medicine and Hygiene103 (7): 653–60. PMID18947845. doi:10.1016/j.trstmh.2008.09.008.
↑ 2,02,1Neal R.A.; et al. (1994). "Aminosidine ointments for the treatment of experimental cutaneous leishmaniasis". Transactions of the Royal Society of Tropical Medicine and Hygiene88 (2): 223–5. PMID8036682. doi:10.1016/0035-9203(94)90307-7.
↑Sweetman S.C. (Editor). (2002). Martindale: the complete drug reference. 33rd ed. London: Pharmaceutical Press
↑Richard D. Howland, Mary Julia Mycek, Richard A. Harvey, Pamela C. Champe. Pharmacology (en inglés). Publicado por Lippincott Williams & Wilkins, 2005. ISBN 0-7817-4118-1.