Partido Laborista (Rusia)

Partido Laborista
Tipopartido político
IdeoloxíaSocialdemocracia
Data de fundación1906
Data de disolución1917
PaísImperio Ruso
editar datos en Wikidata ]
Aleksandr Kérenskii, avogado, dirixente do Partido Social-Revolucionario ruso, e do Partido Laborista de Rusia.

Os Trudovikí (trudovik literalmente significa traballador; son tamén coñecidos como Toilers ou Laboristas, co seu nome completo de Partido Laborista de Rusia ou "O Grupo Laborista"; en ruso: Трудовая группа, Trudováya gruppa) constituíron un partido laborista moderado que fixo a súa aparición a principios do século XX en Rusia. Os trudovikí foron unha escisión do Partido dos Socialistas Revolucionarios, por mor da postura deste na Primeira Duma.[1]

Este partido socialista agrario, foi un dos centos de círculos de pequenos traballadores que se desenvolveron en Rusia a consecuencia da Revolución rusa de 1905. Mentres que a revolución de 1905 non conseguiu derrocar o tsar, si conseguiu diminuír o seu poder, aínda que non o suficiente para acadar unha sociedade liberal e democrática, que era o que estaban a buscar. Como resultado disto, o partido sobreviviu, mais quedou bastante reducido.

Os trudovikí son máis coñecidos polos seus asentos na Duma Estatal, unha asemblea nacional creada polo tsar Nicolao II de Rusia como consecuencia da Revolución de 1905. Os escanos que conseguiu o partido, fórono principalmente na Primeira e Segunda Duma, en 1906 e 1907 momento no que obtiveron máis de 100 escanos.

Un dos seus dirixentes, Aleksandr Kerenskii, que tamén foi fora elixido en 1912 para a Cuarta Duma como trudovik, máis tarde chegou a ser primeiro ministro do Goberno Provisional en 1917.

  1. Camarero (2017)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Camarero, Hernán (2017). Tiempos rojos: El impacto de la Revolución rusa en la Argentina (ebook) (en castelán). Sudamericana. ASIN B075PGD77B. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]