Pasaporte da República de Malta

Escudo de armas da República de Malta que aparece no pasaporte.

O pasaporte é o documento de identidade de recoñecemento dos cidadáns da República de Malta para as súas viaxes fóra da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo.

As embaixadas da República de Malta ó longo do mundo, teñen a obriga de asistir todas aquelas persoas que estean en posesión o devandito pasaporte, por significar que teñen a cidadanía maltesa

Caraterísticas

[editar | editar a fonte]

As cubertas do pasaporte maltés respectan os requirimentos da cor da Unión Europea en materia de pasaportes[1], son de cor vermella borgoña co escudo de Malta no centro, as palabras UNJONI EWROPEA en maltés (en galego Unión Europea) e debaixo MALTA enriba do emblema e a palabra PASSPORT, na parte inferior. Os actuais pasaportes son biométricos (e-passport) e poden recoñecerse por un determinado símbolo que aparece no pasaporte.

Este pasaporte non debe ser confundido co Pasaporte da Orde Soberana e Militar de Malta.

Obtención do pasaporte

[editar | editar a fonte]

A obtención do pasaporte permítese só aos nacionais da República de Malta, aos seus descendentes, ás persoas nacionalizadas por casamento ou por adopción ou ben por compra.

Coa venda da nacionalidade aos non naturais da illa benefícianse de teren un pasaporte europeo, o que lles permite a entrada a tódolos países da Unión Europea e do Acordo de Schegen. Así mesmo, determinados cidadáns por parte dunha serie de países, benefícianse de pagaren menos impostos ao declaralos na illa en vez de nos seus respectivos países.

Os candidatos terán que pagar 650 000€, dos cales 10 000€ van para un depósito non reembolsable. Os cónxuxes e fillos menores de 18 anos de idade van pagar 25 000 € cada un; os fillos solteiros de 18 a 25 anos e os pais de máis de 55 anos van pagar 50 000€ cada un deles. Tamén se aplican outras taxas (7 500€ para o solicitante, 5 000€ para o cónxuxe, pai e menores de 18 anos, e 3 000€ para os menores de 18 anos) e as respectivas taxas de face-lo pasaporte e gravames bancarios de 500€ e 200€ por persoa respectivamente.

Esta petición de "compra-lo pasaporte" foi solicitada por unha media anual de 300 persoas, é dicir, que 300 novas persoas obtiveron a nacionalidade maltesa. O programa dará fin unha vez que se chegue á cota de 1 800 pasaportes. As solicitudes foron levadas a cabo por cidadáns de máis de 30 nacionalidades, en especial dos cidadáns da China, Rusia e Emiratos Árabes Unidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Resolution of the Representatives of the Governments of the Member States of the European Communities, meeting within the Council of 23 June 1981".