![]() (2013) ![]() | |
Nome orixinal | (es) Pascuala Ilabaca Argandoña (es) Pascuala Argandoña ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1985 ![]() Xirona, España ![]() |
Educación | Pontifical Catholic University of Valparaíso (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, artista discográfica ![]() |
Membro de | |
Tesitura | Soprano ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pascuala Ilabaca Argandoña, nada en Xirona, o 13 de abril de 1985, é unha cantante e compositora chilena, destacada pola súa voz e o acompañamento do acordeón e piano nas súas cancións. A súa obra foi descrita como “composición contemporánea, as tradicións étnicas do mundo e a raíz folclórica chilena.”[1] Tamén é parte de Samadi, un grupo de música étnica iniciado en 2005, que recompila repertorios da India, África, Latinoamérica, Medio Oriente e Europa.
Pascuala Ilabaca naceu en Xirona no ano 1985. Chega a Chile en 1987, onde se radica dende entón, vivindo na cidade de Valparaíso.[1] É a filla do pintor Gonzalo Ilabaca e a vitralista Pilar Argandoña.[2] Cando era nena viaxou moito xunto cos seus pais, quen lle ensinaron a ler mentres percorrían Chile de arriba a abaixo. A familia tamén viaxou fóra de Chile. Ós 12 anos viviu na India, onde volveu para estudar despois de terminar a súa carreira na Universidade co mestre Pandith Pashupatinath Mishra en Benarés, India. Ós 15, viviu en México coa súa familia, logo volveu a Valparaíso onde foi ao colexio Winterhill de Viña del Mar, onde terminou os seus estudos xunto á súa irmá Danila Ilabaca Argandoña.[3]
Segue unha dieta vexetariana.[4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pascuala Ilabaca ![]() |