Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1911 Friburgo, Alemaña | ||||||||||||||||
Morte | 31 de maio de 2012 (100 anos) Titisee-Neustadt, Alemaña | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Lugar de traballo | Stuttgart | ||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, redactor xefe, editor | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Fillos | Peter-Paul Pietsch | ||||||||||||||||
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Paul Pietsch nado en Friburgo o 20 de xuño de 1911[1] e finado en Titisee-Neustadt o 31 de maio de 2012 foi un piloto, xornalista e editor alemán, fundador da revista Das Auto.[2]
Comezou a súa carreira de piloto en 1932 cun Bugatti e un Alfa Romeo privados. Competindo cun Alfa Romeo, gañou a carreira sobre xeo III Svenska Isloppet GP de 1933 en Hemfjärden, e a carreira I Vallentunaloppet sobre xeo en Vellentunasjön de 1934, ambas en Suecia.
No Gran Premio de Alemaña de 1935 correu para Auto Union, e rematou en terceiro lugar no Gran Premio de Italia de 1935 antes de deixar o equipo cos seus motores traseiros de difícil manexo. De 1937 en diante participou cun Maserati privado. Os seus mellores momentos foron no Gran Premio de Alemaña de 1939 que liderou desde a segunda volta ata que fallou a ignición, facéndoo caer ao terceiro posto, que aínda así foi un excelente resultado para un privado contra a forza dominante das frechas de prata.
Despois da guerra, participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial, debutando o 3 de setembro de 1950. Pilotou un Alfa Romeo oficial no Gran Premio de Alemaña de 1951 que terminou cun accidente. Non logrou puntos de campionato.
Nese momento, Pietsch foi xa era un editor de éxito de revistas de motos e automóbiles. A súa empresa, Motor Presse Stuttgart, é a máis grande do mercado europeo de revistas de tecnoloxía e temas especializados.
Desde a morte do seu compatriota Karl Kling en 2003 ata a súa propia morte, Pietsch foi o máis antigo piloto de Fórmula Un vivo.[2] Cunha idade de 100 anos[3] foi o último piloto supervivente da era pre-guerra dos grandes premios. O seu fillo Peter-Paul Pietsch corre moitas veces en carreiras en Nürburgring con compañeiros xornalistas.
O 31 de maio de 2012, Pietsch morreu de pneumonía[4] a idade de 100 anos, 11 meses e 11 días[1] Pietsch foi tamén o primeiro piloto que participou nun Gran Premio que chegou aos 100 anos.[1]
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1932 | Pilesi Racing Team | Bugatti T35B | Bugatti 2.3 L8 | ITA | FRA | ALE Ret |
22º | 23 | ||||
1935 | Auto Union AG | Auto Union B | Auto Union 5.0 V16 | MON | FRA | BEL | ALE 9 |
SUI 11[5] |
ITA 3 |
ESP NTS |
15º | 47 |
1937 | P. Pietsch | Maserati 6C-34 | Maserati 3.7 L6 | BEL | ALE Ret |
MON NTS |
SUI 10 |
ITA | 17º | 35 | ||
1938 | P. Pietsch | Maserati 6CM | Maserati 1.5 L6 | FRA | ALE 6 |
SUI | ITA | 14º | 28 | |||
1939 | Officine A. Maserati | Maserati 8CTF | Maserati 3.0 L8 | BEL | FRA | ALE 3 |
14º | 26 | ||||
P. Pietsch | Maserati 4CL | Maserati 1.5 L4 | SUI Ret |
|||||||||
Fonte:[6]
|
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Paul Pietsch | Maserati 4CLT/48 | Maserati 4CLT 1.5 L4s | GBR | MON | 500 | SUI | BEL | FRA | ITA Ret |
NC | 0 | |
1951 | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159 | Alfa Romeo 158 1.5 L8s | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE Ret |
ITA | ESP | NC | 0 |
1952 | Motor Presse Verlag | Veritas Meteor | Veritas 2.0 L6 | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE Ret |
NED | ITA | NC | 0 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Pietsch |