Paulinella

Paulinella
Clasificación científica
(sen clasif.) clado SAR
Filo: Cercozoa
Clase: Imbricatea
Orde: Euglyphida
Familia: Paqulinellidae
Xénero: Paulinella
Lauterborn[1]
Species

Paulinella é un xénero que comprende unhas nove[6] especies de ameboides acuáticos.

Os seus membros máis famosos son as tres especies fotosintéticas P. chromatophora, P. micropora e P. longichromatophora, as dúas primeiras formas de auga doce e a terceira mariña,[7] que recentemente (en termos evolutivos) captaron unha cianobacteria como endosimbionte.[8] Este plastidio denomínase ás veces 'cianela' ou cromatóforo. Considérase que o evento endosimbiótico aconteceu hai uns 90–140 millóns de anos nunha especie bacteriana que diverxeu hai uns 500 millóns de anos a partir dalgunas cianobacterias coñecidas.[9][10] Isto é sorprendente, porque os cloroplastos de todos os demais eucariotas fotosintéticos coñecidos derivan en última instancia dun só endosimbionte cianobacteriano, que foi captado probablemente hai uns mil millóns de anos por un arqueplastidiano ancestral (e seguidamente adoptado por outros grupos eucariotas, en ulteriores eventos endosimbióticos). O simbionte de P. chromatophora foi relacionado coas cianobacterias Prochlorococcus e Synechococcus (irmáns do grupo que consta dos membros vivos deses dous xéneros).[3] O xenoma do cromatóforo sufriu unha redución e agora é só dun terzo do tamaño do xenoma dos seus parentes vivos libres máis próximos, pero aínda así é 10 veces máis grande que a maioría dos xenomas de plastidios. Algúns dos xenes perdéronse, outros migraron ao núcleo da ameba por transferencia xénica endosimbiótica.[11] Outros xenes dexeneraron debido ao chamado trinquete de Muller (acumulacións de mutacións nocivas debido ao illamento xenético e probablemente foron substituídos por xenes doutros microbios por transferencia horizontal de xenes).[12] Os xenes nucleares de P. chromatophora (as rexións non modificadas polo simbionte) están máis estreitamente relacionadas co heterótrofo P. ovalis.[13] P. ovalis tamén ten polo menos dous xenes de tipo cianobacteriano, que foron probablemente integrados nos seus xenomas por transferencia horizontal de xenes desde a súa presa cianobacteriana. Xenes similares puideron facer que as especies fotosintéticas estivesen preequipadas para aceptar o cromatóforo.[14]

  1. M.D. Guiry in Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2013. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. http://www.algaebase.org; consultado o 4 de marzo de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Paulinella". Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 2008-01-28. 
  3. 3,0 3,1 Birger Marin, Eva CM Nowack, Gernot Glöckner, and Michael Melkonian (2007). "The ancestor of the Paulinella chromatophore obtained a carboxysomal operon by horizontal gene transfer from a Nitrococcus-like γ-proteobacterium". BMC Evol. Biol. 7: 85. PMC 1904183. PMID 17550603. doi:10.1186/1471-2148-7-85. 
  4. 4,0 4,1 "Paulinella" (HTML). NCBI taxonomy (en English). Bethesda, MD: National Center for Biotechnology Information. Consultado o 4 de xaneiro de 2019. Lineage(full) cellular organisms; Eukaryota; Rhizaria; Cercozoa; Imbricatea; Silicofilosea; Euglyphida; Paulinellidae 
  5. "Paulinella ovalis". Consultado o 2008-01-31. [Ligazón morta]
  6. "Eukaryotes". Consultado o 2008-01-28. 
  7. Evolutionary dynamics of the chromatophore genome in three photosynthetic Paulinella species - Nature
  8. Laura Wegener Parfrey; Erika Barbero; Elyse Lasser; Micah Dunthorn; Debashish Bhattacharya; David J Patterson & Laura A Katz (decembro de 2006). "Evaluating Support for the Current Classification of Eukaryotic Diversity". PLoS Genet. 2 (12): e220. PMC 1713255. PMID 17194223. doi:10.1371/journal.pgen.0020220. 
  9. Sánchez-Baracaldo, Patricia; Raven, John A.; Pisani, Davide; Knoll, Andrew H. (2017-09-12). "Early photosynthetic eukaryotes inhabited low-salinity habitats". Proceedings of the National Academy of Sciences (en inglés) 114 (37): E7737–E7745. ISSN 0027-8424. PMC 5603991. PMID 28808007. doi:10.1073/pnas.1620089114. 
  10. Pérez-Zamorano, Bernardo; Valadez-Cano, Cecilio; Delaye, Luis (15 de marzo de 2016). "How Really Ancient Is Paulinella Chromatophora?". PLOS Currents Tree of Life 8. PMC 4866557. PMID 28515968. doi:10.1371/currents.tol.e68a099364bb1a1e129a17b4e06b0c6b. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  11. Zhang, Ru; Nowack, Eva C. M.; Price, Dana C.; Bhattacharya, Debashish; Grossman, Arthur R. (1 de abril de 2017). "Impact of light intensity and quality on chromatophore and nuclear gene expression in Paulinella chromatophora, an amoeba with nascent photosynthetic organelles". The Plant Journal: For Cell and Molecular Biology 90 (2): 221–234. PMID 28182317. doi:10.1111/tpj.13488. 
  12. This little amoeba committed grand theft: Scientists reveal how a little-known amoeba engulfed a bacterium to become photosynthetic
  13. Patrick J. Keeling (2004). "Diversity and evolutionary history of plastids and their hosts". American Journal of Botany 91 (10): 1481–1493. PMID 21652304. doi:10.3732/ajb.91.10.1481. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2008. Consultado o 05 de decembro de 2019. 
  14. Steal My Sunshine | The Scientist Magazine