Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Colombo |
Morte | 1976 Colombo (Sri Lanka) |
País de nacionalidade | británica e esrilanquesa |
Educación | Universidade de Cambridge, Universidade Harvard |
Actividade | |
Ocupación | paleontólogo, zoólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Deraniyagala |
Familia | |
Fillos | Siran Upendra |
Pais | Paul Edward Pieris e Hilda Obeyesekere Pieris |
Irmáns | Justin, Miriam |
Premios | |
Paulus ou Paul Edward Pieris Deraniyagala, nado en 1900 en Colombo e finado en 1976, foi un paleontólogo, zoólogo e artista srilankés.
Pieris Deraniyagala naceu en Colombo, e era fillo de Sir Paul Edward Pieris, funcionario e erudito, e de Lady Hilda Obeyesekere Pieris. Tiña un irmán máis novo, o pintor Justin Pieris Deraniyagala e unha irmá, Miriam Pieris Deraniyagala, actriz de teatro. [Cómpre referencia]
Fixo os seus estudos primarios e secundarios no S. Thomas' College, de Mount Lavinia, Colombo. Traladouse ao Reino Unido para estudar no Trinity College de Cambridge, onde obtivo un BA (Bachelor of Arts) en 1922 e un MA (Mestrado en Artes) en 1923. Despois ingresou na Universidade Harvard durante un ano, onde recibiu o MA en 1924.[Cómpre referencia]
P. E. Pieris Deraniyagala especializouse en fauna e en fósiles humanos do subcontinente Indio. De 1939 a 1963 foi o director do Museo Nacional de Ceilán, e de 1961 a 1964 foi decano da Facultade de Artes da Universidade Vidyodaya, situada en Gangodawila, Nugegoda, preto de Sri Jayawardenapura-Kotte, a capital do país.
Describiu varios fósiles e propuxo nomes científicos para especies e subespecies, con varios agora identificados como dubidosos, entre elas:
Durante as súas viaxes á China, estudou o aligátor da China, e publicou un novo nome de xénero. No campo científico da herpetoloxía describiu moitas novas especies de lagartos e serpes.[9]
Exerceu como presidente da filial de Ceilán da Royal Asiatic Society desde 1952 a 1955.[10]
Na honra de Deraniyagala foron nomeadas tres especies de réptiles de Sri Lanka:[11]
Casou con Prini Molamure. Tiveron un fillo, Siran Upendra Deraniyagala, que é un famoso científico, especializado en arqueoloxía.[Cómpre referencia]
As abreviaturas Deraniyagala e P. E. P. Deraniyagala empréganse pare recoñecer a Paulus Edward Pieris Deraniyagala como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.