Linaria triornithophora | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Linaria triornithophora' (L.) Willd. |
Os paxariños[1] ou arreitó,[2] Linaria triornithophora, é unha planta herbácea da familia das Plantaginaceae.
Outros nomes comúns en galego son: routó,[1] calzas de cuco,[3], arroitó, arroutó, galos, herba caralleira, meleiras, pantaloes de cuco, pantalois de cuco, paxariños azuis, reitó, esporas, gallos, linaria e liñaria.[4][5]
Endemismo ibérico facilmente diferenciable doutras linarias polas súas grandes flores (35-45 mm) violeta purpúreas, con veas marcadas e padal amarelo, e polo seu longo esporón, curvado e aguzado, máis longo que o resto da corola. As flores dispóñense en verticilos formando unha inflorescencia de até 10 cm. Os pedúnculos son máis longos que as brácteas; ten follas en verticilos de 3-4, aovadas ou aovado-lanceoladas, con 3 nervios, do mesmo xeito que o resto da planta, algo glaucas. As súas sementes son discoideas e aladas. Florece na primavera e verán.[6]
Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Linaria triornithophora:[4]
Bosques e matogueiras en taludes ou claros sobre substrato acedo, en zonas iluminadas sobre areniscas, cuarcitas ou lousas. Medra dende o nivel do mar ata os 1.500 metros.[7]
Endemismo da Península Ibérica que pode atoparse en Galicia.