Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1973 (50 anos) Mar del Plata, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | baixista, pianista, guitarrista, cantante, música, violinista |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Baixo, violín, guitarra, voz, piano, sintetizador e piano eléctrico Wurlitzer |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Paz Lenchantin, nada en Mar del Plata, Arxentina, o 12 de decembro de 1973, é unha experimentada música arxentina. Na actualidade toca o baixo na banda de roc alternativo Pixies.
Paz é de ascendencia francesa pola súa nai Ana Lia Lenchantin, e de orixe armenia por parte do seu pai, Mario Merdirossian. A música é unha tradición na súa familia, sendo os seus pais e irmáns músicos tamén. Chegou aos Ánxeles cando era pequena e empezou a tocar o piano á idade de cinco anos, seguindo despois coa guitarra, o violín, o cello, o baixo e demais instrumentos.
Participou na banda estadounidense A Perfect Circle con Maynard James Keenan, Billy Howerdel, Josh Freese e Troy Van Leeuwen no seu primeiro álbum, "Mer de Noms" como baixista, pero tamén gravou o violin e o cello.
Nun tempo de descanso de A Perfect Circle, ela e Troy Van Leeuwen separáronse da agrupación, el uníndose a Queens of the Stone Age e ela a Zwan, o novo proxecto de Billy Corgan, ex guitarrista/vocalista/fundador da banda The Smashing Pumpkins.
No proxecto Zwan, o cal contaba ademais coa participación de Matt Sweeney, David Pajo, Jimmy Chamberlin e a súa irmá, Ana Vale Lenchantin, Paz participou tamén no baixo, cordas e voces, como en A Perfect Circle.
Zwan durou relativamente pouco, dous anos aproximadamente, e despois disto, Paz regresou momentaneamente a contribuír con A Perfect Circle no disco eMOTIVe, e faciendo un remix en cordas do track "The Hollow" para o DVD de A Perfect Circle aMOTIOn.
Porteriomente á separación de Zwan e despois de participar no eMOTIVe e aMOTIOn, Paz uniuse á agrupación de David Pajo, chamada Papa M, aínda que ás veces se lle chama Aerial M, M The Thirteenth Letter ou sinxelamente M, para despois unirse a unha nova agrupación chamada Royal Trux. Paz Lenchantin tamén colaborou co álbum Songs for the Deaf de Queens of the Stone Age.
Nalgún momento, formou parte dunha agrupación chamada The Chelsea, formada unicamente por mulleres, entre as cales atopábase Melissa Auf der Maur, coa cal colaboraría despois no seu álbum de debut en solitario, "Auf der Maur".
Ela ademais sacou o seu propio álbum como solista, chamado Yellow My Sky Captain, o cal xa non está dispoñible e é extremadamente difícil de atopar, xa que fixo que o retirasen das tendas despois dun tempo á venda. Actualmente está traballando nun novo álbum en solitario, aínda sen título.
En decembro de 2013, Lenchantin foi anunciada como nova baixista de xira dos Pixies, tras a marcha de Kim Deal, a baixista orixina, e da súa substituta Kim Shattuck.