Pemberton-Billing P.B.9 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | explorador monopraza |
Fabricante | Pemberton-Billing Limited |
Deseñado por | Noel Pemberton-Billing |
Primeiro voo | agosto de 1914 |
Principais usuarios | Royal Naval Air Service |
Unidades construídas | 1 |
O Pemberton-Billing P.B.9 foi un biplano de exploración monopraza británico da primeira guerra mundial construído por Pemberton-Billing Limited, que posteriormente se convertería en Supermarine Aviation Works. Só se chegou a construír un P.B.9.[1]
As ás tiñan largueiros de envergadura completa, coa á superior e inferior conectadas por catro pares de puntais interplanos.[2] A fuselaxe tiña un tren de aterraxe fixo e un patín de cola.[1] Aínda que foi deseñado para usar un motor Gnome de 80 cabalos, o prototipo estaba equipado cun motor xiratorio Gnome de 50 cabalos collido do P.B.1.[2]
Usando un conxunto de ás que foran obtidas de Radley-England (James Radley e Gordon England),[2] foi deseñado, construído e voado por vez primeira en nove días, aínda que por razóns publicitarias o seu deseñador Noel Pemberton Billing dixo que lle levara unha semana, gañando o alcume de "Seven Day Bus".[2] O P.B.9 voou por vez primeira en agosto de 1914.[3]
Aínda que o avión tiña un bo rendemento só se chegou a fabricar o prototipo, que posteriormente foi usado polo Royal Naval Air Service como adestrador.[1]
Datos de Thetford 1958[4]