Penaeus

Penaeus

Penaeus monodon
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Dendrobranchiata
Superfamilia: Penaeoidea
Familia: Penaeidae
Xénero: Penaeus
Fabricius, 1798 [1]
Especies
Referencia:[1]

Penaeus é un xénero de crustáceos decápodos mariños, o tipo da familia dos peneidos, que comprende, entre outras, a especie Penaeus monodon, o lagostino tigre, o máis importante dos crustáceos cultivados.

O xénero foi recentemente reorganizado seguindo a proposición de Pérez Farfante e Kensley, baseada en diferenzas morfolóxicas, en particular dos caracteres xenitais.[2] aínda que esta revisión non é universalmente aceptada.[3]

Seguindo esta revisión, moitas especies anteriormente incluídas no xénero Penaeus foron situadas en novos xéneros da familia dos peneidos: Farfantepenaeus, Fenneropenaeus, Litopenaeus e Marsupenaeus.[2]

  1. 1,0 1,1 Penaeus Fabricius, 1798 no SIIT.
  2. 2,0 2,1 Isabel Pérez Farfante & Brian Frederick Kensley (1997). Penaeoid and Sergestoid Shrimps and Prawns of the World: Keys and Diagnoses for the Families and Genera. Muséum national d'histoire naturelle. Mémoires du Muséum national d'histoire naturelle 175. pp. 1–233. ISBN 9782856535103. 
  3. Patsy A. McLaughlin, Rafael Lemaitre, Frank D. Ferrari, Darryl L. Felder & R. T. Bauer (2008). "Letter to the Editor: A reply to T. W. Flegel" (PDF). Aquaculture 275: 370–373. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2013.