Presentan un rostro ben desenvolvido e dentado, que se estende até máis alá dos pedúnculos dos ollos; casaca con sucos cervicais curtos, que non chegan á liña media dorsal; últimos dous pares de pereiópodos ben desenvolvidos; terceiro e cuarto pares de pleópodos birrámeos; endópodos do segundo par de pleópodos birrámeos; endópodos do segundo par de pleópodos dos machos transformados nun apéndice copulador masculino; telson puntiagudo e unha única artrobranquia ben desenvolvida no penúltimo segmento do tórax.[2]
Teñen podobranquias no segundo par de maxilípedos e unha escama antenular interna.[3]
Algunhas especies presentan órganos sensoriais sobre as antenas, a maneira de liña lateral.[4]
As neuronas xigantes mielinizadas dos peneidos peláxicos teñen o récord mundial de velocidade de condución do impulso con respecto a calquera outro animal, 210 m/s (756 km/h).[5]
↑Carpenter, Kent E. (2002): Penaeidae en The Living Marine Resources of the Western Central Atlantic, Volume 1 "Introduction, molluscs, crustaceans, hagfishes, sharks, batoid fishes and chimaeras". FAO.
↑"Història Natural dels Països Catalans";Enciclopèdia Catalana, Vol 9, "Artròpodes I", pp. 343.
↑Denton, E. J. and John Gray (1985): "Lateral-line-like antennae of certain of the Penaeidea (Crustacea, Decapoda, Natantia)", Proceedings of the Royal Society B226 (1244): 249–261
↑Hsu K. e Terakawa S. (1998): "Fenestration in the myelin sheath of nerve fibers of the shrimp: A novel node of excitation for saltatory conduction", Journal of Neurobiology30 (3): 397–409
Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.]