Pepe López

Modelo:BiografíaPepe López

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata

José María López Planelles, nado en Madrid o 17 de agosto de 1995,[1] máis coñecido como Pepe López, é un piloto español de rallys. Foi dúas veces campión de España de rallys de asfalto[2] e outras dúas do Súper Campionato de España, en 2019 e 2020.[3][4] Tamén ten participado no Campionato Mundial de Rallyes e no Campionato de España de Rallys de Terra entre outros.[5][6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou con once anos no mundo do karting dentro dun programa de selección piloto da Federación Madrileña, pero un accidente fíxolle coller medo polo que probou sorte no enduro. Aos dezaseis anos volveu probar no automobilismo, debutando na modalidade de autocross. Con só 18 anos debutou nos rallys, participando no Rally Príncipe de Asturias de 2013 cun Citroën DS3 R1. Ao ano seguinte debutou no Campionato do Mundo e participou regularmente no nacional de asfalto e no de terra co galego Cándido Carrera como copiloto. En 2015 trasladouse a Francia para participar na Peugeot 208 Rally Cup co apoio de Carlos Sainz e Peugeot e tendo por copiloto a Borja Rozada, co que segue na actualidade. Aínda que a súa intención inicial era loitar na categoría júnior, os bos resultados obtidos fixérono optar a algo máis, e na súa segunda tempada de participación acabou proclamándose campión, sendo o piloto máis novo en logralo. En España, co apoio de Teo Martín, logrou gañar nas categorías júnior e dúas rodas motrices do nacional de terra.[1]

Despois deste éxito, de novo co apoio de Peugeot, deu o salto ao Campionato de Europa de Rallys, dentro da categoría ERC Junior U28 con resultados modestos e varios abandonos. Finalizado o contrato coa marca francesa, quedou sen financiamento de tal xeito que non competiu durante máis de seis meses. Finalmente atopou no equipo portugués Sports & You, distribuidor oficial de Peugeot Sport para España e Portugal, o apoio necesario para volver competir. Grazas a isto volveu ao nacional de asfalto onde conseguiu a súa primeira vitoria absoluta, no Rally de Ferrol de 2018 aos mandos dun Citroën DS3 R5.[7]

Bicampión de España

[editar | editar a fonte]

En 2019 asinou con Citroën, marca coa que logrou un podio no recentemente estreado Súper Campionato de España de Rally, cun terceiro posto no Rally de Lorca e posteriormente conseguiu a súa segunda vitoria absoluta no Rally Sierra Morena,[8] a primeira. cita do nacional de asfalto, situándoo líder do campionato por primeira vez na súa carreira. Gañou de novo na segunda proba, Canarias, tras un man a man co ruso Alexey Lukyanuk. A continuación sistiu ao Rally Terra da Auga, terceira proba do S-CER onde quedou segundo por detrás de Xavi Pons, e no Rally de Ourense obtivo a súa terceira vitoria do ano, nunha proba onde abandonaron os seus principais rivais, Pons e Iván Ares. Isto deixou a Pepe líder do Súper Campionato e do nacional de asfalto, polo que decidiu ir a Lalín para disputar o Rally do Cocido, a quinta cita do CERA, para ter opcións para o título. Por problemas loxísticos tivo que inscribirse co Citroën C3 R5 de Víctor Senra no canto da súa unidade habitual.[9] A pesar de liderar a proba, abandonou no oitavo tramo despois dunha saída de pista. Venceu logo en Ferrol e sumou outro abandono no Princesa de Asturias. En Llanes logrou, cunha ampla vantaxe sobre Ares, a súa quinta vitoria da tempada. Os problemas mecánicos no seu Citroën impedíronlle pasar do terceiro posto en Cantabria, con todo, no Rally de La Nucía-Mediterráneo, fíxose co triunfo e proclamouse campión de España matematicamente debido ao abandono de Ares. Na última cita do ano, Madrid foi segundo na clasificación xeral e primeiro no Súper Campionato por diante de Pons, logrando así tamén dito título.

Para a tempada 2020 enfrontouse ao campionato WRC 3 co apoio do Rallye Team Spain,[10] participando na primeira cita do calendario, Montecarlo, onde non puido rematar despois dun golpe o primeiro día que o lastrou para o resto da proba, polo que rematou abandonando.[11][12] A continuación disputou o Rally Terras Altas de Lorca, do nacional de terra, onde acabou segundo por detrás de Nil Soláns. O nacional de asfalto comezou en xullo, atrasado pola pandemia por coronavirus e con menos probas no calendario. A primeira proba da tempada foi o 53º Rally de Ourense, onde Pepe López mantivo unha loita con José Antonio "Cohete" Suárez, ata que o asturiano picou unha roda no último treito, sendo a vitoria para López con Iván Ares segundo.[13] O man a man con Suárez repetiuse na segunda proba, o 51º Rally de Ferrol, onde se volveu impoñer López, a pesar do liderado inicial do asturiano, por só catro segundos.[14] Disputou aínda dúas probas máis en Galicia: o Rally Terra da Auga, onde abandonou por accidente,[15] e o Rally Rías Altas Histórico, no que participou cun Peugeot 205 Proto.[16] No Rally Princesa de Asturias quedou segundo por detrás de Suárez e por diante de Ares, resultado que se repetiu na cuarta proba, o Rally de La Nucía-Mediterráneo.[17][18] Unha semana despois conseguiu a súa primeira vitoria no nacional de terra, despois de varios podios nos últimos dous anos. Foi na terceira e derradeira proba, o Rally de Terra de Madrid, onde superou por sete segundos ao Škoda Fabia de Nil Solans, campión final do certame, no que López acabou terceiro.[19]

Resultados

[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial de Rallys

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Pts.
2014 RMC Motorsport Ford Fiesta R2 MON SUE MEX POR ARX CER POL
Ret
FIN
53
ALE AUS ALS CAT
29
GBR - 0
2015 Peugeot Sport España Peugeot 208 R2 MON SUE MEX ARX POR CER POL FIN ALE AUS COR CAT
33
GBR - 0
2016 Yacar Racing Peugeot 208 R2 MON SUE MEX ARX POR CER POL FIN ALE COR CAT
Ret
GBR
35
AUS - 0
2017 Peugeot 208 T16 MON
Ret
SUE MEX COR ARX POR CER POL FIN ALE CAT GBR AUS - 0
2018 Sports&you Citroën C3 R5 MON SUE MEX COR ARX POR CER FIN ALE TUR GBR CAT
31
AUS - 0
2020 Pepe López Citroën C3 R5 MON
Ret
SUE MEX ARX POR CER SAF FIN TUR TUR ALE GBR GBR - 0

Campionato de España de Rallys

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts.
2013 Yacar Racing Mitsubishi Lancer Evo X CNR CAN RBX OUR FER PDA LLA SMO MAD
Ret
- 0
2014 RMC Motorsport Ford Fiesta R2 CNR SMO
Ret
RBX
25
OUR BIE
Ret
FER PDA LLA
25
CAN 72º 3
Yacar Racing MAD
18
2017 Peugeot Rally Academy Peugeot 208 T16 SMO CNR
4
ADE OUR FER PDA LLA CAN MED MAD 23 30
2018 Sports&You Citroën DS3 R5 COC SMO ECI ADE OUR FER
1
PDA
Ret
LLA CAN MED MAD 22ª 37
2019 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 SMO
1
CNR
1
ADE OUR
1
COC
Ret
FER
1
PDA
Ret
LLA
1
CAN
3
MED
1
MAD
2
282
2020 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 OUR
1
FER
1
PDA
2
MED
2
CNR MAD

Súper Campionato de España de Rally

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Pts.
2019 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 LOR
3
ECI
1
TDA
2
OUR
1
AST
2
PDA
Ret
GRA MAD
1
112
2020 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 LOR
2
FER
1
TDA
Ret
MED
2
MAD
1
CNR 76

Campionato de España de Rallys de Terra

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Pts.
2013 Yacar Racing Mitsubishi Lancer Evo X CER LOR URG BIE SER RIO
5
21º 23
2014 RMC Motorsport Ford Fiesta R2 LOR
Ret
TDA
Ret
AND BIE
Ret
CER
20
47º 1
Yacar Racing Citroën DS3 Proto RIO
Ret
2015 Teo Martín Motorsport Peugeot 208 R2 LOR
13
NAV
15
TDA BIE
10
CER EST
10
MAL
10
13º 53
2016 Yacar Racing Peugeot 208 R2 LOR
6
NAV TDA BIE CER EST CTM POZ 25º 21
2019 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 LOR
4
POZ NAV TDA
2
AST
2
GRA VOL 92
2020 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 LOR
2
TDA
Ret
MAD
1
70
Predecesor:
España Miguel Ángel Fuster
Campión de España de Rallys
2019
Sucesor:
-
Predecesor:
creación do campionato
Campión S-CER
2019
Sucesor:
-
  1. 1,0 1,1 Marchi, Fabio (17 de xaneiro de 2017). "Pepe López, el futuro del rally español se pone a prueba" (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  2. "Pepe López gana el Rallye La Nucía y es Campeón de España de Rallyes". www.atodomotor.com (en castelán). 9 de novembro de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  3. Durán, David (23 de novembro de 2019). "Pepe López y Borja Rozada logran el Supercampeonato de España con Citroën". www.revistascratch.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  4. "El Islas Canarias destroza los guiones previos con la sorpresa de Fourmaux-Jamoul" (en castelán). 28 de novembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  5. "Resultados de Pepe López". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  6. "Palmarés de Pepe López". www.pepelopezrallydriver.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  7. Vázquez, Diego (26 de setembro de 2018). "Entrevista a José Pedro Fontes: “No me volveréis a ver corriendo en España”". www.rallyes.net (en castelán). Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  8. Fernández, Iván (23 de marzo de 2019). "Pepe López lleva a Citroën de nuevo a la victoria al vencer el Rallye Sierra Morena 2019". www.diariomotor.com. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  9. Benito, J. (19 de junio de 2019). "Pepe López recurre al coche de Senra para correr el Rali do Cocido". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  10. "El Rallye Team Spain debuta en Monte-Carlo con Pepe López.". RFEDA (en castelán). Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  11. León, Rafa (28 de xaneiro de 2020). "Pepe López: “El objetivo era intentar hacer un buen papel, pero no se pudo conseguir”". automovilismocanario.com. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  12. Villarín, Nacho (26 de xaneiro de 2020). "Pepe López paga la 'novatada' en Montecarlo". Marca (en castelán). Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  13. "Pepe López, ganador del Rallye de Ourense". Faro de Vigo (en castelán). 26 de xullo de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2020. 
  14. "Pepe López aguanta o acoso de Suárez e gaña o Rally de Ferrol". CRTVG. 22 de agosto de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  15. "Nil Solans se queda solo, abandono de Pepe López" (en castelán). 26 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2020. Consultado o 23 de outubro de 2020. 
  16. "López - Peña consiguen su primera victoria en el Rallye Rias Altas" (en castelán). 5 de outubro de 2020. Consultado o 23 de outubro de 2020. 
  17. "Suárez gana por tercer año consecutivo el Rally Princesa de Asturias" (en castelán). 25 de outubro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  18. "Iván Ares, terceiro no Rally da Nucía". La Opinión A Coruña. 9 de novembro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  19. "Pepe López triunfa en el Rally de Tierra de Madrid 2020". 16 de novembro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]