Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1705 (Xuliano) Örnsköldsvik (municipio), Suecia |
Morte | 27 de setembro de 1735 (30 anos) Ámsterdam, Países Baixos |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Campo de traballo | Ictioloxía e botánica |
Ocupación | botánico, naturalista, zoólogo |
Profesores | Lars Roberg |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Артеди Петер) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Peter Artedi, tamén coñecido como Petrus Arctaedius, nado na parroquia de Anundsjö, no condado de Västernorrland (Suecia) o 22 de febreiro de 1705 e finado en Ámsterdam o 27 de setembro de 1735), foi un ictiólogo sueco, que é coñecido como o "pai da ictioloxía".
Tras completar a súa educación secundaria en Härnösand, o 30 de outubro de 1724 comezou a estudar teoloxía na universidade de Uppsala, pero o seu interese pola historia natural desviouno da súa primeira vocación pastoral. Estudou medicina con Lars Roberg.
Foi colega e amigo de Carl von Linné (Linneo), a quen coñeceu en Uppsala en 1728.
Cando ambos os dous deixaron esta cidade en 1732 asumiron a responsabilidade recíproca de publicar os manuscritos do outro en caso de falecmiento. Artedi morreu afogado nas canles de Ámsterdam, onde fora para catalogar a colección de Albertus Seba. Linneo cumpriu a súa palabra e os manuscritos de Artedi imprimíronse en Leiden en 1738, xunto a unha biografía do autor.
A súa clasificación dos peixes organízase en ordes, xéneros e especies. Identificou catro ordes (e, equivocamente, a dos cetáceos), 47 xéneros e 230 especies. Artedi non chegou a utilizar un sistema binominal, pero Linneo incorporouno na edición da obra. Por exemplo, onde Artedi se refire a Zeus ventre aculeato, cauda in extremo circinata, Linneo simplifícao como Zeus faber. Esta especie foi chamada Faber sive Gallus Marinus por Guillaume Rondelet (1507-1566)[1] e outros autores chamárona Piscis Jovii. Artedi traduce Jovii como Zeus e o termo elixido por Rondelet, faber, converteuse no nome específico. Outros exemplos: Anarhichas Lupus marinus nostras vólvese, grazas a Linneo, en Anarhichas lupus e Clupea, maxilla inferiore longiore, maculis nigris carens: Harengus vel Chalcis Auctorum, Herring vel Hering Anglis, Germanis Belgis, simplemente en Clupea harengus.