Nome orixinal | (en) Peter (Harmer) Lovesey |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de setembro de 1936 (88 anos) Whitton, Reino Unido (en) |
Educación | Universidade de Reading - lingua inglesa (–1958) Hampton School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, novelista, escritor de contos |
Período de actividade | 1970 - |
Xénero artístico | Misterio histórico |
Pseudónimo literario | Peter Lear |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Air Force |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | peterlovesey.com |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Peter Lovesey, nado en 1936 en Whitton, é un escritor inglés de novela policíaca.
Estudou en Reading e traballou como profesor para adultos, pero a partir de 1975 deixouno para se dedicar por completo á literatura. A súa primeira novela foi Wobble to Death en 1970, onde aparece por vez primeira o sarxento Cribb, detective vitoriano. Escribiu tamén unha serie de novelas protagonizadas polo detective Peter Diamond, que apareceu por vez primeira en The Last Detective(1991). As súas novelas traducíronse a 22 linguas e serviron de base a filmes e series de televisión.