Phacus é un xénero de protistas unicelulares, do filo Euglenozoa (antes chamados Euglenophyta). O seu nome procede do grego phakos, que significa lentella, por analoxía coa súa forma e cor. Son de cor verde clara (algúns avermellados) e encóntranse comunmente en pozas de auga doce ricas en nutrientes, nas que se desprazan xirando os seus corpos. Teñen un só flaxelo, que é a miúdo tan longo como toda a célula do microorganismo. A célula é aplanada e ríxida de 25 a 30 µm de longo; a maioría das especies son moi planas e con forma de folla, xeralmente con cristas, pregamentos ou sucos que corren helicoidalmente ou lonxitudinalmente, e ten unha sección transversal trirradiada ou irregular; moitas especies teñen unha espiña posterior longa, moitas son retortas, con mancha ocular e avultamento flaxelar como en Euglena.[1]
Presenta cloroplastos xeralmente pequenos, discoidais, numerosos, e normalmente sen pirenoides; unhas poucas especies (por exemplo, P. splendens) teñen cloroplastos planos grandes con pirenoides; o paramilo deposítase tipicamente en forma duns poucos gránulos grandes (a miúdo aneis) acompañados de moitos pequenos. A abertura do canal é subapical.[1]
Os estadios palmeloides sen quistes son raros. Multiplícase dividíndose por división celular no sentido lonxitudinal; o proceso iníciase polo dobramento da superficie pelicular seguida da división. Cando as condicións se fan pouco favorables pode modificar a súa estrutura: arredóndase, perde o flaxelo e reforza a súa envoltura para protexerse mellor, á vez que diminúe a súa actividade metabólica.
Segundo as clasificacións clasifícase na familia Euglenaceae ou na Phacaceae (ver AlgaeBase[1]). As formas incoloras trátanse como un subxénero ou como un xénero separado co nome Hyalophacus. A especie tipo é P. longicauda (Ehrenberg, 1833) Dujardin, 1841. Os estudos recentes indican que o xénero non é monofilético ou holofilético.
Segundo AlgaeBASE (14 de xuño de 2012[1]) comprende as seguintes especies:
Segundo o Catalogue of Life (14 de xuño de 2012[2]) a lista de especies é:
Segundo o NCBI (14 de xuño de 2012[3]) :
Segundo o World Register of Marine Species (WORMS, 14 de xuño de 2012[4]) :
- Phacus acuminatus Stokes, 1885
- Phacus acutus Pochmann, 1941
- Phacus aenigmaticus Drezepolski, 1922
- Phacus alatus Klebs, 1886
- Phacus anomalus F.E. Fritsch & M.F. Rich, 1929
- Phacus applanatus Pochmann, 1942
- Phacus caudatus Hübner, 1886
- Phacus circulatus Pochmann, 1942
- Phacus circumflexus Pochmann, 1941
- Phacus corculeum Pochmann, 1942
- Phacus curvicauda Svirenko, 1915
- Phacus elegans Pochmann, 1942
- Phacus granum Drezepolski, 1925
- Phacus helikoides Pochmann, 1942
- Phacus hispidulus (Eichwald) Lemmermann, 1910
- Phacus longicauda (Ehrenberg) Dujardin, 1841
- Phacus mirabilis Pochmann, 1942
- Phacus nordstedtii Lemmermann, 1904
- Phacus oscillans G.A. Klebs, 1883
- Phacus parvulus G.A. Klebs, 1883
- Phacus pleuronectes (O.F. Müller) Dujardin, 1841
- Phacus pusillus Lemmermann, 1910
- Phacus pyrum (Ehrenberg) F. Stein, 1878
- Phacus skujae Skvortsov, 1928
- Phacus spiralis Allegre & T.L. Jahn, 1943
- Phacus stokesii Lemmermann, 1901
- Phacus tortus (Lemmermann) Skvortsov, 1928
- Phacus triqueter (Ehrenberg) Dujardin, 1841
- Phacus undulatus (Skvortsov) Pochmann, 1942
- Kosmala, Sylwia; Bereza, Magdalena; Milanowski, Rafal; Kwiatowski, Jan; Zakrys, Bozena (October 2007). "Morphological and molecular examination of relationships and epitype establishment of Phacus pleuronectes, Phacus orbicularis, and Phacus hamelii". Journal of Phycology 43 (5): 1071-1082. doi:10.1111/j.1529-8817.2007.00386.x.
- Pereira, MJ; Azeiteiro, UMM (May 2003). "Ecological notes on the species of Phacus Dujardin (Euglenophyta) from the central region of Portugal". Acta Oecologica 24 (Supplement 1): S33–S48. doi:10.1016/S1146-609X(03)00006-7.
- Kim, Jong Im; Shin, Woongghi; Vis, M. (October 2014). "Molecular Phylogeny and Cryptic Diversity of the Genus (Phacaceae, Euglenophyceae) and the Descriptions of Seven New Species". Journal of Phycology 50 (5): 948–959. doi:10.1111/jpy.12227. Consultado o 3 February 2015.
- Nannavecchia, Paula; Tolivia, Analia; Conforti, Visitacion (March 2014). "Ultrastructural alterations in Phacus brachykentron (Euglenophyta) due to excess of organic matter in the culture medium". ECOTOXICOLOGY AND ENVIRONMENTAL SAFETY 101: 36–41. PMID 24507124. doi:10.1016/j.ecoenv.2013.12.007. Consultado o 5 February 2015.
- Su, H M; Won, L J; Ho, G Y (27 September 2013). "Bacterial mixture useful for controlling proliferation of harmful algae including Microcystis, Anabaena, Aphanizomenon, Phacus, Euglena, Peridinium, Cyclotella, Chlamydomonas and Rhodomonas, comprises Lactobacillus and Lactococcus". KR2013009902-A ; KR1311837-B1.