Phebe Hemphill

Modelo:BiografíaPhebe Hemphill

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
West Chester, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFiladelfia Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Belas-Artes da Pensilvânia (pt) Traducir (–1987)
Agnes Irwin School (en) Traducir (–1978) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora, medallista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCasa da Moeda dos Estados Unidos (2006–)
McFarlane Toys (pt) Traducir (2002–2005)
Franklin Mint (en) Traducir (1987–2002) Editar o valor en Wikidata

Phebe Hemphill, nada en West Chester, Pensilvania, o 25 de abril de 1960, é unha escultora e gravadora estadounidense vinculada á Casa da Moeda dos Estados Unidos, recoñecida polos seus deseños de moedas estadounidenses circulantes e conmemorativas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hemphill naceu o 25 de abril de 1960 en West Chester, Pensilvania,[1] filla de Dallett Hemphill e de Ann Cornwell.[2][3] Varios membros da súa familia, entre eles o seu pai e o seu avó, estaban interesados no coleccionismo de moedas e medallas. Unha das súas fontes de inspiración foi o seu avó Gibbons Gray Cornwell, que se dedicou á escultura en baixorrelevo e quen, pola súa vez, se vira influído por unha familiar, Martha Jackson Cornwell, que fora alumna de Augustus Saint-Gaudens,[1][4] na década de 1890, na Arts Students League.[5]

Hemphill asistiu á escola feminina Agnes Irwin, en Filadelfia, Pensilvania, onde se graduou en 1978.[6] Posteriormente formouse como artista na Academia de Belas Artes de Pensilvania, onde se graduou en 1987, e tamén foi alumna do escultor Evangelos Frudakis.[1][5][7][8]

Concluída a súa etapa formativa, en 1987 Hemphill incorporouse ao departamento de escultura da ceca privada Franklin Mint, onde permaneceu ata 2002, traballando en porcelana e na arte da medalla. De 2002 a 2005 traballou como escultora independente en McFarlane Toys, en Bloomingdale, Nova Jersey, e tamén para outras empresas, creando medallas, bonecas, figuriñas de xardín e xoguetes, entre outros traballos.[1][5][7]

Desde 2006 está vinculada profesionalmente á Casa da Moeda dos Estados Unidos, na súa Ceca de Filadelfia.[1][7][9] Como creadora de moedas, Hemphill admite a influencia e amosa a súa admiración por outros artistas que a precederon, como os estadounidenses Adolph A. Weinman e Augustus Saint-Gaudens, ou os franceses Jules Clement Chaplain, Oscar Roty e Daniel Dupuis.[1][5]

No seu traballo utiliza métodos tanto dixitais como tradicionais, ademais de crear deseños das moedas e as medallas en discos de arxila de tamaño máis grande.[8][10]

Sobre a súa dedicación ao deseño e o gravado de medallas e moedas, Hemphill declarou:[8]

A mellor razón para facer traballos tradicionais agora é a capacidade de percepción da profundidade [...] Dado que traballamos en relevos tan pouco profundos, é un xeito moi importante e viable de facelo.

A obra de Hemphill foi exposta na Sociedade Nacional de Escultura, na Asociación Americana de Escultura Medallística, na FAN Gallery de Filadelfia[8] e na West Chester University.[5][7]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2000: perceptora da bolsa Alex J. Ettel Grant, da Sociedade Nacional de Escultura dos EEUU.[1][5][7]
  • 2001: Premio de Escultura Renacentista, da Franklin Mint.[1][5][7]
Medio dólar de 2013 dedicado aos xenerais de 5 estrelas dos EEUU. Ambas as caras foron deseñadas e gravadas por Phebe Hemphill.

Na Casa da Moeda dos Estados Unidos, ademais de se encargar do gravado de cuños sobre deseños doutros autores, Hemphill foi tamén a autora do deseño dun bo número de moedas e medallas. En todas elas, a modo de marca de gravadora, figuran as súas iniciais: PH.[1][5][7]

Escolma de traballos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Hemphill, Phebe (1960- ) sculptor". Medalartists.com
  2. "Dallett Hemphill". Findagrave.com
  3. Price, B. (1998). "Dallett Hemphill, 74; W. Chester Lawyer". En The Philadelphia Inquirer. 5 de novembro.
  4. "Cornwell, Martha Jackson". En Leonard, J. W. (1914). Woman's Who's who of America: A Biographical Dictionary of Contemporary Women of the United States and Canada, 1914-1915. American commonwealth Company, Nova York. Páxina 207.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 "CoinWeek IQ Coin Designer’s Profile: Phebe Hemphill". En Coin Week. 26 de agosto de 2015.
  6. "Sculpting History into Gold Medals". En AIS Magazine. Primavera de 2013. Páxina 27.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 "Phebe Hemphill". United States Mint.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Loviglio, J. (2016). "PAFA Alum's Creations Right in Your Pocket". Pennsylvania Academy of the Fine Arts (PAFA.org). 3 de febreiro.
  9. "Medallic sculptors join U.S. Mint staff". En Numismatic News. 21 de xullo de 2008.
  10. Unser, M. (23013). "US Mint Artists at Philadelphia Sculpt Digitally and in Clay". En CoinNews.net. 6 de setembro.
  11. "John Tyler Presidential $1 Coin". United States Mint.
  12. "James Buchanan Presidential $1 Coin". United States Mint.
  13. "James Garfield Presidential $1 Coin". United States Mint.
  14. "Benjamin Harrison Presidential $1 Coin". United States Mint.
  15. "William McKinley Presidential $1 Coin". United States Mint.
  16. "Calvin Coolidge Presidential $1 Coin". United States Mint.
  17. "Herbert Hoover Presidential $1 Coin". United States Mint.
  18. "Gerald R. Ford Presidential $1 Coin". United States Mint.
  19. "½ Dollar US Army 5-Star Generals". Numista.com
  20. "Oklahoma State Quarter". United States Mint.
  21. "Northern Mariana Islands Quarter". United States Mint.
  22. "¼ Dollar "Washington Quarter" Grand Canyon". Numista.com
  23. "¼ Dollar "Washington Quarter" Mount Hood". Numista.com
  24. "¼ Dollar "Washington Quarter" White Mountain". Numista.com
  25. "¼ Dollar "Washington Quarter" Shenandoah National Park". Numista.com
  26. "Apollo 11 50th Anniversary $5 Gold Coin". United States Mint.
  27. "Apollo 11 50th Anniversary Silver Dollar Coin". United States Mint.
  28. "Apollo 11 50th Anniversary Five Ounce Proof Silver Coin". United States Mint.
  29. "Apollo 11 50th Anniversary Clad Half Dollar Coin". United States Mint.
  30. "2020 Native American $1 Coin". US Mint.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]