Os pici son un tipo de spaghetti feitos á man típicos do sur da Toscana, das provincias de Siena e Grosseto. Appiciare, a acción de facer os picis, tradicionalmente era un traballo de mulleres. A súa receita é simple: auga, fariña e un pouco de ovo, e traballar a masa para crear fideos longos e grosos. Os condimentos típicos deste tipo de pasta son o ragú de carne ou all'aglione, salsa de tomate salgada e allo. Existen variantes con cogomelos, á carbonara e doutras moitas formas, pero xa non son propias da Toscana rural.
Celle sul Rigo (na comuna de San Casciano dei Bagni) celebra a última fin de semana de maio desde hai máis de 40 anos a Sagra dei Pici, unha feira desta pasta típica do Val d'Orcia.