(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Piero Antonio Franco De Benedictis 19 de abril de 1945 (79 anos) Gallipoli, Italia (pt) |
Outros nomes | Piero |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor de cancións, compositor, cantautor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | RCA Victor Philips Discos CBS |
Premios | |
Páxina web | pieroonline.com |
Piero Antonio Franco de Benedictis,[1] nado en Galipoli, Puglia o 19 de abril de 1945, coñecido como Piero, é un cantautor de canción protesta, troba e rock orixinario de Italia mais radicado na Arxentina dende a súa nenez.[2] Na súa produción artística salienta a canción de protesta.[3]
Durante anos Piero percorreu o continente americano, ás veces visitando algúns países de Europa e cidades dos Estados Unidos, realizando recitais. Acompáñao a súa banda musical integrada por músicos da provincia de Córdoba: Pichi Pereyra, Diego M Bravo, Gustavo Nazar, Enrique Cacho Aiello e o seu fillo Juan de Benedictis.[4]
Piero sumouse o a diferentes causas sociais polas vítimas da guerra en Colombia, contra a trata de persoas e fame cero a nivel global.[5][6]