Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1586 Roma, Italia |
Morte | 21 de abril de 1652 (66 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Santa Maria in Aracoeli (pt) |
Actividade | |
Ocupación | explorador, compositor, escritor |
Membro de | |
Movemento | Música barroca |
Profesores | Paolo Quagliati (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Sitti Maani Gioerida della Valle |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Pietro Della Valle, nado en Roma o 2 de abril de 1586 e finado ib. 21 de abril de 1652, foi un explorador italiano que viaxou por todo Oriente Próximo, chegando á India.
Naceu nunha familia rica e nobre. Os seus primeiros anos de vida dedicounos ao cultivo da música, da literatura e das armas. Recibiu unha esmerada educación, estudando latín, a mitoloxía grega, a clásica e a Biblia. Tamén se converteu en membro da Academia de Umoristi, adquirindo certa reputación como retórico.
En 1606 escribiu os versos para unha pequena ópera, Il carro di fedeltà d'amore, que é considerada o primeiro exemplo de melodrama sobre argumento profano en Roma. O seu mestre de clavicémbalo, Paolo Quagliati, compuxo a música, que foi impresa en 1611.
En 1614 iniciou as súas viaxes, partindo de Venecia. Pasou un ano en Constantinopla, onde estudou turco e árabe. Logo continuou a súa travesía por Exipto, a Terra Santa, Arabia, Persia, (foi durante esa viaxe na que descubriu en 1616 o código Hammurabi), e a India, volvendo a Italia en 1626. A narración das súas viaxes baseada nas súas cartas aparece en dous volumes (1650-1658).
Interesado nas ruínas das cidades da antiga cultura mesopotámica, levou a Europa algúns ladrillos con inscricións da escritura cuneiforme, sendo os primeiros exemplos desa escritura na Europa moderna.[1]
Foi tamén o introdutor do gato persa en occidente.[2]