Pilularia minuta | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Pilularia minuta | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pilularia minuta Durieu, 1848 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Pilularia minuta é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das marsileáceas, unha das cinco descritas do xénero Pilularia.[2]
A especie foi descrita en 1848 polo militar e botánico francés Michel Charles Durieu de Maisonneuve.[3]
Para a do xénero, véxase Pilularia.
O epíteto específico, minuta, é a forma feminina singular do adxectivo latino minūtus, -a. -um, "pequeno", "pequena", participio pasado de verbo minuo, "minorar", "diminuír".
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
É un fieito herbáceo, perenne, rizomatoso, cun rizoma horizontal delgado, enraizante nos nós, practicamente sen pelos, que se desenvolve en solos húmidos. As follas (frondes), de 2 a 4 por nó, e de 2 a 4 cm de lonxitude, sen pecíolo, filiformes, de 0,3 a 0,7 mm de diámetro, solitarias, subglobosas, densamente pilosas, e sen dentes.[6]
Encóntrase no oeste da Rexión Mediterránea. Vive en pasteiros húmidos en zonas arxilosas temporalmente encharcadas. Esporula en primavera. Declarado CR (en perigro crítico) na Lista vermalla de Andalucía,[7] e VU (vulnerábel) na Lista vermella nacional de España de 2008.[8]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que Pilularia minuta ten unha área de dispersión moi pequena e moi fragmentada, e que a súa poboación está diminuíndo como resultado de moitas ameazas antrópicas sobre o seu hábitat, cujalifica o status deste especie como EN (en perigo).[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilularia minuta |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pilularia minuta |
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |