Pipistrellus raceyi | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pipistrellus raceyi Bates, Ratrimomanarivo, Harrison, and Goodman, 2006 | |||||||||||||||
![]() Distribución de Pipistrellus raceyi[2]
|
Pipistrellus raceyi é un morcego do xénero Pipistrellus orixinario de Madagascar. Malia que se coñecían especies non identificadas de Pipistrellus en Madagascar dende a década de 1990, P. raceyi non foi descrito formalmente até 2006. Os seus parentes máis achegados son as especies asiáticas P. endoi, P. paterculus e P. abramus, e os seus devanceiros probablemente chegaron a Madagascar dende Asia. Observáronse exemplares de P. raceyi en catro localidades diferentes: dúas nas chairas orientais e dúas nas occidentais. No leste, vive en áreas abertas e no oeste habita bosques secos. A Lista Vermella da IUCN considera que hai datos insuficientes para avaliar o estado de conservación, en gran parte por mor do descoñecemento da súa ecoloxía.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pipistrellus raceyi ![]() |
![]() |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |