Pleiotropía (farmacoloxía)

En farmacoloxía, a pleiotropía dun fármaco é o conxunto de accións que produce distintas daquela para a cal o axente foi especificacmente desenvolvido.[1] Estas accións poden incluír os efectos adversos, que son prexudiciais,[1] pero adoitan incluírse tamén os efectos beneficiosos adicionais que poida producir.[2]

Por exemplo, os medicamentos estatinas son inhibidores da HMG-CoA redutase que actúan primariamente facendo decrecer a síntese de colesterol, pero que se cre que teñen outros efectos beneficiosos, como actuar como antioxidantes e estabilizar as placas ateroscleróticas,[1] así como efectos adversos, principalmente problemas musculares, un aumento do risco de ter diabetes mellitus e unha elevación das transaminases hepáticas.[3][4]. Os fármacos esteroides, como a prednisona e a prednisolona, teñen efectos pleiotrópicos sistémicos, pola mesma razón que os teñen as hormonas esteroides endóxenas naturais: as células do corpo teñen receptores que poden responder a elas, porque as endóxenas funcionan como mensaxeiros endócrinos.

  1. 1,0 1,1 1,2 Davignon J (xuño de 2004). "Beneficial cardiovascular pleiotropic effects of statins". Circulation 109 (23 Suppl 1): III39–43. PMID 15198965. doi:10.1161/01.CIR.0000131517.20177.5a. 
  2. Rod Flower; Humphrey P. Rang; Maureen M. Dale; Ritter, James M. (2007). Rang & Dale's pharmacology. Edimburgo: Churchill Livingstone. ISBN 0-443-06911-5. 
  3. Naci H, Brugts J, Ades T (xullo de 2013). "Comparative tolerability and harms of individual statins: a study-level network meta-analysis of 246 955 participants from 135 randomized, controlled trials" (PDF). Circulation: Cardiovascular Quality and Outcomes 6 (4): 390–99. PMID 23838105. doi:10.1161/CIRCOUTCOMES.111.000071. 
  4. Bellosta S, Corsini A (novembro de 2012). "Statin drug interactions and related adverse reactions". Expert Opinion on Drug Safety 11 (6): 933–46. PMID 22866966. doi:10.1517/14740338.2012.712959. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]