Pleurana | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 159940-37-1 |
Propiedades | |
Fórmula molecular | (C6H10O5)x |
Masa molecular | Variable |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A pleurana ou pleurano é un polisacárido insoluble formado por unidades de glicosa ( un glucano), que foi illado do fungo Pleurotus ostreatus. É un polímero liñal formado por glicosas unidas por enlaces glicosídicos β-1,3 e β-1,6.[1]
Este beta-glucano ten propiedades de modificador da resposta biolóxica. As súas propiedades inmunomoduladoras fan que o hóspede sexa máis resistente a infeccións e neoplasmas.[2]
Nun estudo publicado en 2010, este composto demostrou ter un efecto protector contra a supresión da actividade dalgunhas células inmunes (células NK) inducida polo exercicio en suxeitos que tomaban 100 mg diarios.[3]
Noutro estudo publicado en 2011, este glucano viuse que reducía a incidencia das infeccións do tracto respiratorio superior e incrementaba o número de células NK circulantes.[4]
Tamén esta a ser estudado como un potencial adxuvante inmunolóxico.[5]