Pobo ambundu | |
---|---|
Territorio ambundu en cor gris escura. | |
Poboación | |
Poboación total: c 4 millóns | |
Rexións principais: | |
Angola | - |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua kimbundu e portugués |
Relixión | Cristianismo e relixión tradicional |
Grupos relacionados | Pobo ovimbundu e outros pobos bantús |
Os ambundu, tamén coñecidos como o mbundu do norte, son un grupo étnico bantú que vive no noroeste de Angola, ó norte do río Kwanza. Os ambundu falan a lingua kimbundu, e tamén a lingua oficial do país, o portugués. Son o segundo maior grupo étnico do país.[1] Os ambundu viven na rexión que se atopa ó leste da capital de Angola, Luanda. Son maioría nas provincias de Bengo e Malanje e en partes das provincias veciñas Cuanza Norte e Cuanza Sul. O xefe do principal reino Mbundu tiña o título de Ngola, que é a orixe do nome do país, Angola.