Pobo lenca | |
---|---|
![]() Mulleres lenca no mercado, Honduras. | |
Poboación | |
Poboación total: 137 000 | |
Rexións principais: | |
![]() | 100 000 (2008)[1] |
![]() | 37 000[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Castelán Antigamente: linguas lenca |
Relixión | Igrexa católica |
Os lenca[3] son un pobo indíxena que habita no suroeste de Honduras e no leste do Salvador, en América Central. Outrora falaban o lenca, pero no presente está extinto. En Honduras, os lenca son o meirande grupo indíxena, cunha poboación que rolda as 100 000 persoas. A poboación lenca do Salvador estímase nunhas 37 000 persoas.
Antes da conquista dos españois, os lenca tiñan contacto con maias así como con outros pobos indíxenas do territorio do actual México e América Central. A orixe dos lenca é obxecto de debate para os antropólogos e os historiadores. Os estudosos suxeriron que os lenca migraron dende a rexión de América do Sur hai 3 000 anos.