Pobo quileute | |
---|---|
Pescadores quileutes cunha rede. | |
Poboación | |
Poboación total: 2 000 | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Washington |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua quileute (tradicional) inglés |
Relixión | Cristianismo |
Grupos relacionados | Chimakum |
Os quileutes,[1] tamén coñecidos como quillayute, son un pobo indíxena americano que habita no oeste do estado de Washington, nos Estados Unidos, e cuxa poboación actual rolda as 2000 persoas. Son unha tribo recoñecida federalmente que reside na Reserva Quileute.
O pobo quileute foi recluído na reserva india Quileute logo de asinar o tratado de Quinault en 1855. A súa reserva atópase na parte suroeste do condado de Clallam, Washington, na desembocadura do río Quillayute na costa do Pacífico. O principal centro de poboación da reserva é a comunidade de La Push, Washington. Segundo o censo de 2000 arredor de 371 persoas viven dentro da reserva, a cal ten unha área de 4.061 km².
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo quileute |