Os seri son un grupo indíxena do estado mexicano de Sonora. A etimoloxía deste exónimo provén do termo yaqui que quere dicir "home da area", e o endónimo que empregan é comcaac[koŋˈkɑːk]; singular: cmiique[ˈkw̃ĩːkːɛ]. A maioría dos membros do grupo son falantes fluídos da lingua seri, cmiique iitom. O seu territorio tradicional inclúe as illas Tiburón e San Esteban.
O número de persoas deste grupo continúa en crecemento. En 1952, rexistrábanse 215 persoas; en 2006, máis de 900 (segundo o goberno seri).[2]
O territorio seri, no estado de Sonora, abrangue unha área de arredor de 211 000 ha de terra, e está integrado por unha parte continental e pola illa Tiburón, que se encontra no golfo de California, fronte á costa central do estado.
Os seris habitan principalmente nas pobacións de El Desemboque (Haxöl Iihom), no concello de Pitiquito, e en Punta Chueca (Socaaix), no concello de Hermosillo, na costa de Sonora. Seguindo os ciclos de pesca, a localización dalgúns individuos ou os seus familiares pode variar, entre todos os campos pesqueiros distribuídos ao longo de 100 km de litoral.
Bowen, Thomas (1983). "Seri". Handbook of North American Indians, William C. Sturtevant, General Editor. Southwest. Alfonso Ortiz, Volume Editor. Smithsonian Institution, Washington, D.C.: 230–249.
Bowen, Thomas; Mary Beck Moser (1995). "Seri". Encyclopedia of World Cultures, David Levinson, Editor in Chief. Middle America and the Caribbean. James W. Dow (Volume Editor) & Robert V. Kemper (Associate Volume Editor). Boston: G. K. Hall.: 232–235.
Ives, Ronald L. (xullo de 1962). "The Legend of the "White Queen" of the Seri". Western Folklore (Western States Folklore Society) 21 (3): 161–164. JSTOR1496954. doi:10.2307/1496954.
Marlett, Cathy Moser (2014). Shells on a desert shore: Mollusks in the Seri world. Tucson: University of Arizona Press.
Marlett, Stephen A. (2011). "The Seris and the Comcaac: Sifting fact from fiction about the names and relationships". Work Papers of the Summer Institute of Linguistics, University of North Dakota Session#51: 1–20 [1].
Spicer, Edward H. (1986) [1962]. Cycles of Conquest . The Impact of Spain, Mexico and the United States on the Indians of the Southwest, 1533 - 1960 publisher: The University of Arizona Press, Tucson.