Pobo triqui | |
---|---|
![]() Triquis durante a procesión do domingo de Ramos. | |
Poboación | |
Poboación total: c 26 000[1] | |
Rexións principais: | |
![]() | Oaxaca, Estado de México, Cidade de México e Baixa California |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas triquis e castelán |
Relixión | catolicismo e crenzas tradicionais |
Grupos relacionados | pobo mixteca e pobo cuicateco |
Os triquis son un pobo indíxena que habita no noroeste do estado de Oaxaca, México, formando unha illa cultural no territorio mixteco.[2] Caracterízanse polos seus huipiles vermellos,[3] e algúns practican a relixión tradicional triqui xunto coa relixión católica.
Na tradición oral dise que os triquis proviñan de Monte Albán, de onde foron expulsados por desobedecer as ordes do rei. Desprazáronse á parte baixa da costa oaxaqueña, pero debido ó clima extremadamente caloroso buscaron rexións máis altas e asentáronse en Tlaxiaco, de onde tamén os expulsou o cacique do lugar.[4]
Grupo indígena mexicano que habita en la zona occidental del estado de Oaxaca, en la Mixteca Alta y en las sierras de Chicahuaxtla y de Coyoacán. Véxase: "Trique" en Diccionario del Español de México (DEM). El Colegio de México, A.C., consultado o 29 de marzo de 2019.