Pobo wapishana

Pobo wapishana
Joênia Wapichana e Tarso Genro no Consello Indíxena de Roraima (2008).
Poboación
Poboación total:
c  15 500
Rexións principais:
Brasil9 441 (2014)[1]
Güiana6 000 (1990)[1]
Aspectos culturais
LinguaLingua wapishana
Relixiónanimismo e cristianismo

Os wapishana (tamén escrito wapisiana, wapitxana, vapidiana ou wapixana) son un pobo indíxena que habita no estado de Roraima, no norte do Brasil, e no sur de Güiana.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación total de wapishanas roldaba as 9.441 persoas no Brasil (estimación de 2014), 6.000 en Güiana (estimación de 1990) e 37 en Venezuela (estimación de 2011).[1]

As estimacións anteriores roldaban entre as 10.000 e as 11.000 persoas en 1997.[1] En 1991, estimouse unha poboación de 5.000 persoas en Rupununi, na área do sur de Güiana que fai fronteira co Brasil.[2] Nas estimación da Fundação Nacional do Índio de 1984 contabilizáronse só 2.995 wapishanas en vinte vilas do Brasil.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Povos Indígenas no Brasil". pib.socioambiental.org. Consultado o 2021-02-25. 
  2. 2,0 2,1 Foster, Nancy Fried. ["Wapisiana." Encyclopedia of World Cultures.] Vol. 7: South America. New York: Macmillan Reference USA, 1996. 354-356. Gale Virtual Reference Library. Web. 23 Apr. 2010."Instructions for Contributors." Human Biology 75.6 (n.d.): 227-240. Project MUSE. EBSCO. Web. 23 de abril de 2010

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]