Pobo zo'é | |
---|---|
Albert April no Amazonas cunha familia Zo'é. | |
Poboación | |
Poboación total: 256 (no ano 2010)[1] | |
Rexións principais: | |
Brasil | Pará |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua zo'é[2] |
Relixión | crenzas tradicionais |
Grupos relacionados | Pobo wayampi |
O pobo zo'é é un pobo indíxena americano orixinario do estado brasileiro de Pará, municipio de Óbidos, xunto ó río Cuminapanema.[3] Pertence ó grupo de pobos tupí–guaranís.[4][5]
Tamén son coñecidos cos nomes poturu, poturujara ou buré. O termo "zo'é" quere dicir "nós", en oposición a non indios ou inimigos. O termo "poturu" fai referencia ó tipo de madeira empregada para facer as perforacións embe'po que levan na cara.[1]
O filme The Salt of the Earth, que documenta a obra do fotógrafo Sebastião Salgado, inclúe as súas fotografías cos zo'é.
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo zo'é |