A Pokémon Mini (oficialmente estilizado como Pokémon mini), é unha pequena consola de videoxogos portátil que foi deseñada e fabricada por Nintendo cunha temática da franquía Pokémon. É o sistema de xogo máis pequeno con cartuchos intercambiábeis xamais producido por Nintendo, pesando só 71 gramos.[1] Comercializouse en América do Norte o 16 de novembro de 2001[2] (dous días antes do lanzamento de GameCube), e despois no Xapón o 14 de decembro de 2001,[3] e en Europa o 15 de marzo de 2002.[4] A consola foi lanzada en tres cores: Wooper Blue, Chikorita Green e Smoochum Purple.[5]
2002:... Pokémon mini, the world's smallest console, was launched on 15 March across Europe with four titles, including Pokémon mini Party and Pokémon mini Pinball.