Polad Bülbüloğlu, nado en Bakú o 4 de febreiro de 1945, é un cantante, actor e político azarí, que foi un cantante famoso na antiga Unión Soviética polas súas cancións pop con influencias de jazz e letras baseadas no folclore azarí tanto en ruso como en azarí[1]. Polad tamén chegou a cantar cancións compostas por el e protagonizou coñecidos filmes famosos como Ne boysya, ya s toboy (1981).
Na década de 1990, aínda que mantivo a súa popularidade artística, tal como o éxito dunha versión nova do seu antigo tema Gəl Ey Səhər en Turquía ou como puideron ser os seus concertos en Rusia, Polad comezou unha carreira política, foi ministro de cultura de Acerbaixán entre 1988 e 2006 e embaixador dese país en Rusia.
Bülbüloğlu naceu co nome de Polad Murtuza oğlu Məmmədov na República Socialista Soviética de Acerbaixán, entón parte da Unión Soviética. Seu pai era Bulbul, un famoso cantante de ópera que expuxo a Poland á cultura musical desde moi cedo. Polad estudou o piano nunha escola de música e logo composición na Academia de Música de Bakú con Gara Garayev. Xa aos 17 anos compuxo varias cancións que interpretaron profesionais, así como temas para o seu amigo Muslim Magomayev. Nunha viaxe de Bülbüloğlu a Moscova con Magomayev foi onde Poland gravou por primeira volta varias das súas cancións.[2]
Durante a súa carreira, Bülbüloğlu combinou o estilo da música moderna coa da música tradicional azarí, viaxando por toda a URSS e por outras partes do mundo. Participou no programa de televisión e festival Canción do ano, gañando o primeiro premio en catro ocasións. As súas cancións interpretáronas, entre outros, Muslim Magomayev, Joseph Kobzon e Lev Leschenko.
En 1969 Bülbüloğlu converteuse en membro da Unión de Compositores da URSS e da Unión de Cinematógrafos da URSS. Compuxo a música duns vinte filmes, protagonizando varios. Entre outros traballou co director Eduard Smolny. Bülbüloğlu dirixiu a Orquestra Filharmónica Nacional do Acerbaixán durante varios anos e en 1988 asumiu o posto de ministro de cultura do Acerbaixán, desde 1995 foi deputado na Asemblea Nacional do Acerbaixán e desde 2006 é embaixador de Acerbaixán en Rusia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Polad Bülbüloğlu |