Polbo á feira | |
Orixe | Galicia |
Gastronomía | Gastronomía de Galicia |
Ingredientes | |
Orixe animal | Polbo |
Orixe vexetal | Aceite de oliva |
Condimentos | Pemento picante Pemento doce Sal común |
O polbo á feira é un prato típico de Galicia e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pemento. O seu nome provén de que é unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar).
Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.
O tradicional é comelo con escarvadentes. Acompáñase, ás veces, de patacas cocidas que se se cocen na propia auga do polbo adquiren unha coloración rosada.
A preparación do polbo nas feiras e romaxes facíana mulleres que se chamaban "polbeiras"[1]. Tamén se chaman "polbeiras" os locais especializados neste prato que se atopan nas vilas e cidades[1].
O Galilibros ten un manual sobre: Polbo á feira |