Polimixíidos (Polymixiidae) Barbudos | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Barbudo (Polymixia nobilis) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A dos polimíxidos ou, respectando a prosodia latina, polimixíidos (Polymixiidae), é unha familia de peixes mariños teleósteos, a única da orde dos polimixiformes (Polymixiiformes) que, á súa vez, é a única da superorde dos polimixiomorfos (Polymixiomorpha) —agás un pequeno grupo incertae sedis—.
Distribúense por zonas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico, Índico e oeste do Pacífico, onde viven a profundidades entre os 180 e os 640 m.[1]
Teñen o corpo moderadamente longo e comprimido, cunha lonxitude máxima de 38 cm,[1] e cun par de barbas no hioide, moi característico, do que toman o seu nome común de barbudos.
A aleta dorsal esténdese de forma continua polo dorso, con 4-6 raios espiñosos e 26-38 raios brandos. A aleta anal curta.
Existen na actualidade dez especies, todas elas do mesmo xénero, pois os outros catro xéneros están extinguidos:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Polimíxidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Polimíxidos |