Pornography: Men Possessing Women

Pornography: Men Possessing Women
Título orixinalPornography: Men Possessing Women
Autor/aAndrea Dworkin
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LinguaInglés
Tema(s)pornografía
EditorialPutnam
Data de pub.1981
Páxinas300
ISBN978-0-399-12619-2
Precedido porOur Blood: Prophesies and Discourses on Sexual Politics
Seguido porThe New Woman's Broken Heart: Short Stories
editar datos en Wikidata ]

Pornography: Men Possessing Women é un libro sobre pornografía escrito pola autora e activista feminista radical antipornografía Andrea Dworkin.

Dworkin analiza (e cita amplamente exemplos extraídos de) a pornografía contemporánea e histórica como unha industria de deshumanización e odio ás mulleres. Dworkin argumenta que a pornografía está implicada na violencia contra a muller, tanto na súa produción (a través do abuso das mulleres que son utilizadas na industria pornográfica) coma nas consecuencias sociais do seu consumo ao afoutar os varóns a erotizar a dominación, a humillación e o abuso das mulleres.[1][2]

Describe o poder dos varóns como: 1) unha afirmación metafísica do eu, 2) forza física, 3) a capacidade de aterrecer, 4) o poder de nomear, 5) o poder de posuír, 6) o poder do diñeiro e 7) o poder do sexo. A «afirmación metafísica do eu» descríbese como unha posición de suxeito. Dworkin suxire que os varóns ocupan unha posición de suxeito poderosa que está protexida polas leis e os costumes, a arte e a literatura, documentada na historia e defendida na distribución da riqueza. Os varóns teñen esta natureza (un «parasitismo inconsciente») e as mulleres, por definición, carecen dela. O primeiro sinal do seu parasitismo está na súa relación coa súa nai. Logo transfire isto a outras mulleres na súa vida e úsaas para se agrandar. Os varóns tamén posúen o poder da forza física. Isto non é o mesmo que ser musculoso ou forte, senón o dereito á forza física. A capacidade de aterrecer é a afirmación metafísica do eu que máis a forza, crea medo en toda unha clase de persoas (varóns sobre mulleres). Isto ocorre a través da violación, o abuso sexual ou a prostitución. Este comportamento é idolatrado en filmes sobre heroísmo, guerra e gloria. Na televisión, teatro, libros, esta historia é representada. Os actos dos varóns son enormes e impresionantes incluso cando o vilán e as mulleres se converten no premio. O poder de etiquetar e nomear significa que os varóns teñen a capacidade de definir experiencias e isto é confirmado pola forza. Como exemplo, os varóns nomean as mulleres como «débiles» e logo as debilitan con preferencias e estándares de beleza que deixan as mulleres mutiladas e atrofiadas. O poder de posuír refírese á propiedade por parte dos maridos das esposas e a propiedade dos pais sobre as fillas. Esta propiedade é natural, xa que é el «quen toma». Unha vez tomado, é de seu. Os varóns teñen tamén o poder do diñeiro. En mans das mulleres, o diñeiro merca cousas, mantense literal. Para os varóns, o diñeiro merca mulleres, sexo, status, dignidade, estima, lealdade e toda clase de posibilidades; trae calidades, logros e respecto. A riqueza de calquera tipo é unha expresión do poder sexual masculino. Finalmente, Dworkin suxire que os vaóns posúen o poder do sexo inda que adoito digan o contrario. Eles afirman que a carnalidade das mulleres é a súa característica definitoria. Din que as mulleres teñen poder sexual porque a erección é involuntaria e unha muller é sempre a suposta causa, polo tanto o varón é impotente e a muller poderosa. O macho reacciona perante un estímulo polo cal non é responsable. Todo o que el fai, faino por provocación dunha femia —ela é a tentadora. Para Dworkin, os varóns obrigan as mulleres a se converter naquilo que causa a erección e logo se mantén indefenso cando é espertado por ela. A furia del cando ela non é esa cousa é intensa e poderosa.

Recepción

[editar | editar a fonte]

Terry Baum escribiu que o libro é unha «revelación» e que Dworkin «escribe coa importancia e elocuencia dos profetas bíblicos».[3]

  1. Julie Bindel (30 de setembro de 2004). "A life without compromise"The Guardian. Londres. Arquivado do orixinal o 29 de maio de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  2. Katharine Viner (12 de abril de 2005). "'She never hated men'"The Guardian. Londres. Consultado o 11 de 2009.
  3. "Andrea Dworkin, Pornography, and Men Possessing Women". San Francisco Chronicle. Consultado o 5 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]