Portas do suicidio

Portas de abertura inversa.

As portas de suicidio ou portas de abertura inversa son un tipo de portas usadas nos automóbiles, caracterizadas por abrírense en dirección contraria ás portas convencionais.

Noutrora foron empregadas con maior asiduidade, malia que endexamais chegaron a ser maioritarias. Hoxe en día apenas son producidas, por mor entre outros motivos dos numerosos problemas de seguridade que presentan. Así, o propio nome reflicte o aumento do perigo de caída ou succión do pasaxeiro pola parte da porta se esta chega a abrirse namentres o auto está en movemento. O risco potencial é evidente: cando se circula a gran velocidade, o rápido movemento do aire arredor do coche crea unha zona de baixa presión que actúa como unha forza exterior na porta, tentando abrila. O efecto nas portas convencionais é o oposto, facilitando o peche desta.